Redacción
06/xul./23 - 11:31
Actualizado: 06/xul./23 - 11:33
Entra en vigor a polémica Lei do xogo que aprobou o PP en solitario
O DOG publica esta quinta feira a nova Lei do xogo da Galiza, aprobada non Parlamento galego no penúltimo pleno do período de sesións e que, deste modo, entra xa en vigor. O texto saíu adiante grazas aos votos do Partido Popular e co 'non' da oposición —BNG e PSdeG—, que o consideran unha "grande oportunidade perdida" que "vai permitir xogar a menores en bares" e tamén a ludópatas do rexistro de autoprohibidos.