O Arenteiro fecha a fichaxe de Christian Santos

Din que un cravo saca outro cravo, e neste caso o Arenteiro, que recentemente perdeu o goleador venezolano Miku, optou por substituílo por outro goleador venezolano, Christian Santos. O atacante de 35 anos, que militou no Deportivo da Coruña durante as tempadas 2018/19 e 2019/20, chega ao Carballiño coa carta de liberdade e, segundo declarou o director deportivo do Arenteiro, Álex Vázquez, coa intención de achegar "experiencia" e gol .
 
Santos xogou no Dépor durante dúas tempadas. (Foto: RC Deportivo).
photo_camera Santos xogou no Dépor durante dúas tempadas. (Foto: RC Deportivo).
Comentarios