LINGUA

Concerto de Grande Amore e Ortiga polo Día dos Medios en Galego

A compostelá sala Capitol foi o escenario esta quinta feira dun festival de música galega contemporánea, da man de Grande Amore e Ortiga, organizado pola Asociación de Medios en Galego (Amega), da que tamén forma parte Nós Diario, e que serviu como finalización dos actos de celebración do Día dos Medios en Galego, que decorreu a pasada terza feira día 7 de febreiro. O vídeo é da autoría de Seispes.
Comentarios