LINGUA

Amega - Día dos Medios en Galego

Esta terza feira, 7 de febreiro, como cada ano desde 2018, a Galiza conmemora o Día dos Medios en Galego, unha data que rende homenaxe á publicación xornalística escrita integramente na lingua propia do país, O tío Marcos d'A Portela, editada por vez primeira por Valentín Lamas Carvajal en 1876, en Ourense. A Asociación de Medios en Galego (Amega), da que fai parte Nós Diario canda outras 140 cabeceiras que empregan a lingua propia do país, celebra esta data con este vídeo que pon en valor o galego no xornalismo.