CULTURA

A Banda da Loba reivindica a Luísa Villalta máis combativa pondo música ás súas letras en 'E o mar'

Chega a traca final da particular homenaxe a Luísa Villalta da Banda da Loba neste 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. "Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis e escribiu tomando posición do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin", explica o grupo. "E o mar é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer", engade a banda. "Tras o Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia Nunca máis", culmina A Banda da Loba.

Comentarios