INTERNACIONAL

Concentración españolista no centro de Barcelona

Por volta de 2.000 ultras españolistas están a se concentrar nas primeiras hora da tarde deste 30-S na Praza Urquinaona. Até o de agora sen incidentes, salvo, nos arredores da praza, episodios de intimidación de grupos de fascistas que, agresivos, enarboran as súas bandeiras pre-constitucionais e berran "Viva España!" a aquelas e aqueles que perciben como simpatizantes da causa independentista.
Comentarios