Investigadoras do Proxecto de Recuperación da illa Raine, na Australia, conseguiron capturar imaxes impresionantes dun grupo de tartarugas verdes na Grande Barreira de Coral. Coa axuda dun dron, a filmación mostra máis de 64.000 tartarugas femias migrando para dita Illa, onde acostuman poñer os seus ovos.