INTERNACIONAL

Así quedou o gasoduto Nord Stream após a explosión do pasado setembro

Kostas Kallergis, un dos produtores da BBC, publicou vídeos gravados por aparellos subacuáticos que investigaron o lugar das explosións nos gasodutos do sistema Nord Stream, que transportaba gas ruso á Unión Europea polo fondo do mar Báltico.

As imaxes obtidas na zona económica exclusiva de Suecia con axuda de expertos de Blueye Robotics arroxan luz sobre a escala de destrución que sufriron tres liñas dos gasodutos Nord Stream 1 e Nord Stream 2 a finais de setembro pasado.

Nun dos vídeos apréciase un sector da tubaxe que foi separado por unha explosión e descendeu verticalmente sobre o fondo a uns 200 metros da súa posición orixinal, segundo unha publicación de Kallergis en Twitter.

Comentarios