CULTURA

'O emprego' (curta de animación)

Esta curtametraxe de animación, orixinalmente intitulada "El empleo" (2008) e dirixida por Santiago 'Bou' Grasso, conta a historia dun home anónimo no seu desprazamento diario ao seu traballo como felpudo. A obra aborda a 'cousificación' da forza de traballo, isto é o tratamento das persoas como meros obxectos e mercadorías. A peza producida polo selo arxentino OpusBou xa ten recibido máis dun centenar de premios e recoñecementos.
Comentarios