Xulio Maside

'O Miron', de Xulio Maside. (Foro: Legado Maside)
star
CULTURA

Un ano sen Xulio Maside, o artista que pintaba a paisaxe humana

A vindeira segunda feira, 10 de abril,  fai un ano da morte do pintor Xulio Maside, un artista sen cuxa obra non pode entenderse a arte galega da segunda metade do século XX. Anestesista de prestixio -estudou Medicina ante a oposición do seu tío, Carlos Maside, a que seguise a carreira de artista-, logrou que a súa vocación saíse adiante, compaxinándoa cun compromiso co país que o levou a participar en todo tipo de iniciativas culturais e socio-políticas.