Xuízo do Alvia

O documental só foi emitido en 'TV3'. (Foto: Frankenstein-04155)
Xuízo do Alvia

[VÍDEO] 'Frankenstein-04155', o documental do accidente do Alvia que as vítimas piden emitir na televisión pública

"O relato oficial que sinalaba como único culpábel o maquinista é falso e este documental demóstrao", sosteñen as vítimas nunha petición en 'Change.org' para que TVE o proxecte e que xa recadou máis de 65.000 sinaturas.
O ex alto cargo de Adif Andrés Cortabitarte, á súa saída da Cidade da Cultura, esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

[VÍDEO] Tensión na saída de Andrés Cortabitarte do xuízo: "Tes as mans manchadas de sangue"

Un grupo de vítimas e familiares abordou o ex responsábel de Seguridade de Adif á súa saída da Cidade da Cultura. O pai dunha vítima chegou a golpealo.
Primeira sesión do xuízo polo accidente de Angrois. (Europa Press)
Xuízo do Alvia

A maxistrada admite como proba unha 'montaxe audiovisual' de Adif

A xuíza explicou que "evidentemente é unha proba de parte" con "interese lexítimo", pero non se pronunciou sobre a forza do seu valor probatorio.
Jesús Domínguez, vítima do accidente de Angrois en 2013. (Foto: José González)
Xuízo do Alvia

Jesús Domínguez: "Adif ten que saír condenada para non ceder máis ás presións políticas"

Jesús Domínguez, presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, está na Galiza para seguir desde a Cidade da Cultura os primeiros días de xuízo polo accidente de Angrois. En conversa con 'Nós Diario' censura a demora e os atrancos de PP e PSOE a unha investigación independente que Europa e as vítimas seguen a reclamar.
Vagón de Alvia accidentado en Angrois (Compostela) en xullo de 2013. (Foto: Europa Press)
Xuízo do Alvia

As vítimas do Alvia, convencidas no inicio do xuízo de que "haberá sentenza pero non xustiza"

O 24 de xullo de 2013, o accidente dun ferrocarril Alvia en Angrois (Compostela) provocou a morte de 80 persoas así como diversas lesións para outras 144. Nove anos e tres meses despois do sinistro, arranca o xuízo por estes feitos, mentres as vítimas se amosan convencidas de que no procedemento “haberá sentenza pero non xustiza”.
Cidade da Cultura de Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Fiscalía, "preparada" para o xuízo do Alvia

O ex responsábel de Seguridade de Adif e o maquinista están acusados de 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional, 145 de lesións e un de danos.
Protesta das vítimas de Angrois ás portas do Congreso. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Vítimas de Angrois exixen que Ana Pastor "asuma a súa responsabilidade" por intentar ocultar o informe crítico coa investigación

A plataforma de vítimas do accidente ferroviario do Alvia concentrouse esta segunda feira ás portas do Congreso para exixir a dimisión da vicepresidenta segunda da Cámara Baixa.
O tren Alvia accidentado en Angrois en 2013. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Nove anos despois do accidente ferroviario de Angrois, comeza o xuízo en Compostela

O maquinista e o exdirector de seguridade de Adif están acusados de cometer 80 presuntos delitos de homicidio, 145 de lesións e un de danos, por imprudencia profesional grave.
Ana Pastor (Foto: Juan González / GomComStudios).
SOCIAL

Ana Pastor fixo presión en Bruxelas para que non transcendese o informe crítico coa investigación do Alvia

As vítimas concentraranse a próxima semana diante do Congreso para exixir a súa dimisión após coñecerse que en 2016 advertiu por carta á Comisión Europea da "gravidade" da publicación dese documento, que cuestionaba a actuación do Goberno de Mariano Raxoi.
A manifestación das vítimas do accidente en Angrois rematou na Praza do Obradoiro (Foto: Plataforma Vítimas Alvia).
SOCIAL

Un millón de euros e mil metros cadrados para o macroxuízo polo accidente de Angrois

O próximo 5 de outubro comeza na Cidade da Cultura o xuízo que sentará no banco o maquinista e o ex xefe de seguridade de Adif.
Manifestación das vítimas do Alvia, o pasado 24 de xullo en Santiago de Compostela (Foto: César Arxina / Europa Press)
SOCIAL

A Comisión Europea prosegue o expediente ao Estado español polo accidente de Angrois

A Comisión Europea ratificou que se prosegue co procedemento de infracción contra o Estado español polo incumprimento de seguridade ferroviaria a raíz do accidente de tren en Angrois de 2013, no que faleceron 80 persoas en Santiago de Compostela.
Familiares das vítimas mortais do accidente do Alvia reunidos onte no Pazo do Faramello (Rois). (Foto: Asociación Plataforma Vítimas do Alvia).
SOCIAL

Familiares e vítimas do accidente do Alvia piden xustiza desde Rois

Nun emotivo encontro promovido pola Asociación Plataforma Vítimas do Alvia, as familias lembraron e honraron a memoria das 80 persoas falecidas naquela traxedia de 2013.
A manifestación das vítimas do accidente en Angrois rematou na Praza do Obradoiro (Foto: Plataforma Vítimas Alvia).
SOCIAL

As vítimas do Alvia seguen pedindo xustiza nove anos despois

Unha manifestación este domingo en Compostela e varios actos de homenaxe que durarán todo o día lembran a traxedia. Vítimas e familiares cargan contra José Blanco e Ana Pastor, ademais de criticar a Raxoi, Sánchez e Feixoo e nomear a Rueda "persoa non grata". A Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155 está pendentes da realización do xuízo, previsto para este mes de outubro.