Xacarandaina

'Endaterra'. (Foto: Sandra Pereira)
star
CULTURA

Xacarandaina leva a tradición ao Coliseo da Coruña

Endaterra, o grande espectáculo de música e baile tradicional ideado por Quique Peón e Xacarandaina, estará este vindeiro domingo, 7 de maio, no Coliseo da Coruña. Unha obra que reúne en escena máis de 80 persoas entre instrumentistas, cantantes e corpo de baile, e que percorre diferentes facetas da tradición galega: as pandeireteiras, os grupos de gaitas, os pequenos grupos de metal que van aparecendo a comezos do século XX e mesmo os cantos de taberna que se acompañaban dun sinxelo acordeón.