vacas

Concentración no Obradoiro
Galiza

"Vacas si, multas non!"

Até a Praza do Obradoiro, no centro de Galiza, chegou o estrume. BNG e FRUGA levaron ao corazón histórico de Compostela a protesta contra a multa a un gandeiro por suxar as vía pública coa bosta das súas vacas. 

Lugo: Ancares, vacas e 8 apelidos vascos

Tan ben lle foi ao Lugo nos dous partidos contra a Ponferradina que foi pena non ter apostado pola recuperación do Bierzo

Presentación da Exposición de Xurxo Lobato
Arte imaxe patrimonio

Xurxo Lobato leva o seu 'No País das Vacas' a Lugo

Coincidindo coas festas da cidade a exposición poderase ver até o 30 de outubro na rua da Raiña.

Un berro retido

Leo o libro Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costas e comprobo que teño, polo menos, dúas cousas en común. Como Daniel “estou enferma do pan sen //cocer”. Como Daniel tiven a idea de realizar un álbum de poemas que ilustrara un conxunto de imaxes.
Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
Agora

A Fruga exixe a posta en marcha da Mesa de Interlocución Láctea ante a "especulación" da industria

A Federación Rural Galega (Fruga) exixiu esta terza feira á Consellaría do Medio Rural a posta en marcha da Mesa de Interlocución Láctea da Galiza ante a chegada dos novos contratos de compra ás explotacións leiteiras galegas como consecuencia das renovacións do mes de abril, os cales implican "unha baixa que varia entre dous e catro céntimos por litro dependendo da empresa". "Estamos ante unha baixada que en ningún caso é xustificada, e que vai supor dificultades para moitas gandarías galegas, especialmente para as explotacións máis intensivas, tendo en conta que calquera baixada no prezo do leite nestas granxas supón unha importante mingua dos ingresos", explicou a Fruga. "Esta baixada dos prezos non se leva adiante en base ás variacións que se poden dar nos custos de produción, senón que deriva principalmente de cuestións de mercado", sinalou o sindicato. "As variacións nos prezos, neste caso cara abaixo, responden única e exclusivamente aos intereses das propias industrias e a operacións especulativas no mercado mundial cos derivados lácteos", engadiu a organización. Por isto, a Fruga quixo deixar patente "a indefensión que padecemos os gandeiros e as gandeiras galegas" e que as Administracións "miran para outro lado".