star
CULTURA
Teatro do Noroeste mostra en escena o sufrimento das mulleres
29/nov./23
Teatro do Noroeste volve a unha das súas obras de máis éxito, As damas de Ferrol, que reestrea esta fin de semana no Teatro Jofre da cidade naval. Escrita por Eduardo Alonso, estreouse en 2002, baixo a dirección do propio autor. A nova montaxe está dirixida por Clara Gayo e conta con Mónica Camaño e Casilda Alfaro como protagonistas, con música orixinal firmada por Chefa Alonso, escenografía e vestiario de Carlos Alonso.