Soraya Sáenz de Santamaría deixa a política
A exvicepresidenta do goberno español con Raxoi comunicou a decisión a Pablo Casado.
A exvicepresidenta do goberno español con Raxoi comunicou a decisión a Pablo Casado.
Co candidato da ala aznarista do partido, Feixóo protagonizará esta cuarta feira un evento —reunión coas delegadas galegas ao Congreso— en Compostela. A quenda do encontro coa ex vicepresidenta do goberno, máis próxima a Raxoi do que a Aznar, será a vindeira segunda feira, en Pontevedra.
Cospedal gaña as primarias do PP na Galiza, mais no conxunto do estado acaba a carreira en terceira posición. Iso significa que non pasa o corte deste 5X —a votación aberta á militancia— e fica eliminada. O Congreso vano decidir as delegadas e delegados o próximo 21X. Soraya Sáenz de Santamaría gaña o primeiro asalto pola mínima nun duelo apertadísimo con Pablo Casado. O ex vicesecretario de Comunicación podería acabar impóndose no congreso se recebe os apoios do sector cospedalista. O PPdeG podería acabar sendo decisivo na vitoria de Casado.
A votación da militancia -axendada para o 5 de xullo- só sería decisiva en tres supostos: que a candidatura máis votada supere 50 por cento dos sufraxios, que distancie en no mínimo 15 pontos a segunda máis apoiada ou que se impoña na metade das circunscricións. En calquera outro suposto, a decisión final correspondería ás 2.612 compromisarias que asistirán ao Congreso en Madrid os días 20 e 21 de xullo.
Totalmente confirmado. Rivais internas encarnizadas, Soraya Sáenz de Santamaría e María Dolores de Cospedal competirán pola herdanza política de Mariano Raxoi. Cospedal, actual secretaria xeral, ten máis apoios orgánicos, entre eles os do PPdeG.
Controla o CNI e neste momento non poucas voces ven a súa man detrás de El País. Encarnizada rival de Feijóo pola sucesión de Rajoy, ofereceu esta quinta feira toda unha lección de xornalismo, durante a inauguración da xornada O fenómeno da desinformación na era dixital. Olla con inquietude a rede e os meios dixitais. Boa parte da desinformación fabrícana precisamente os seus meios amigos.
Naceu en Bizkaia, medrou nos bancos e círculos financeiros, delinquiu no Banesto, foi indultado por Zapatero e beneficiado por Rajoy e vén de xubilarse cunha pensión de 88 millóns de euros.