O duelo Sáenz de Santamaría-Cospedal está servido

Totalmente confirmado. Rivais internas encarnizadas, Soraya Sáenz de Santamaría e María Dolores de Cospedal competirán pola herdanza política de Mariano Raxoi. Cospedal, actual secretaria xeral, ten máis apoios orgánicos, entre eles os do PPdeG.

Após ter filtrado á SER que estaría no combate pola sucesión de Raxoi, Soraya Sáenz de Santamaría utilizou a súa conta twitter para darlle un selo persoal ao anuncio.

 

Deste xeito, a ex vicepresidenta adiantouse a María Dolores de Cospedal, quen compareceu minutos despois das 11 horas para anunciar a súa decisión de concorrer ao proceso.

María Dolores CospedalO PP abócase así a un confronto durísimo entre dous referentes antagónicos no partido, protagonistas dun tenso duelo interno ao longo destes últimos anos.

Sectores do partido poderían considerar nese cenario o lanzamento dunha candidatura que sobrevoe ese combate a dous e se apresente como unha oferta de consenso e integración que evite a guerra fraticida. Nas apostas soa para encarnar esa opción Ana Pastor, presidenta do Congreso e persoa de absoluta confianza de Mariano Raxoi.

NOTICIA ACTUALIZADA ÁS 11.40

Comentarios