sexismo

Unha das estudantes que prestaron declaración perante o Reitorado [Imaxe Irene Pin]
SOCIAL

As alumnas do Mestrado de Xénero e Igualdade declaran ante o reitorado da USC

As estudantes realizaran protestas contra Luciano Méndez Naya por pedir ás alumnas que non levaran escote se non querían distraelo. VÍDEO NO INTERIOR. 

Día da Nai_Alcampo
SOCIAL

Denuncian anuncios sexistas e ofertas de traballo a cambio de sexo

Senllas denuncias sacan á luz o uso dos roles de xénero con motivo do día da nai ou o machismo feito anuncio através dunha web para buscar traballo.

Aula
SOCIAL

Piden a inhabilitación dun profesor da USC polos seus comentarios sexistas

O docente dixo que o desconcentraba o escote dunha alumna e días despois na prensa que "hai vestimentas inapropiadas para a clase".

Detalle do cartaz das xornadas
SOCIAL

As XII Xornadas da Muller afondan no papel da escola na eliminación do sexismo

A duodécima edición das Xornadas da Muller da AS-PG e a CIG-Ensino que se desenvolverán en Pontevedra o próximo 22 de marzo afondarán no papel da escola na transmisión de valores igualitarios e na eliminación do sexismo . 

lopezabella
SOCIAL

A Xunta xustifica a campaña sexista do 'Antes muerta que sencilla'

"Poden gustar ou non, mais cumpriron co obxectivo de promocionar o pequeno comercio'', dixo no Parlamento a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. 

SOCIAL

'Un país para soñar' ou cando a Xunta premia (literalmente) o sexismo

A delegada do Goberno galego en Vigo recoñeceu a empresa española Princelandia co galardón ao "concepto nacional máis novidoso". Que ten de novidoso? Sesións de maquillaxe, manicura, pedicura, perruqueiría, desfile en pasarela de moda, reposteiría e protocolo para nenas de 4 a 12 anos

MACHISMO

Exixen que o Concello de Betanzos cancele o concurso ''sexista'' de Raíña das Festas

Galiza Nova convida ao rexedor betanceiro (PSOE) a seguir os pasos do seu homólogo en Sarria (PP), e a destinar os 13.000 euros que o ano pasado custou o certame a finanzar os servizos públicos