Samuel

Galiza

Juárez sostén que o BNG ''ten faccións que están fóra do ámbito democrático''

Nunha ampla entrevista publicada polo xornal conservador ABC -claramente aliñado con Rajoy na guerra fratricida que se vive na direita-, o delegado do Goberno español na Galiza cébase non só co Bloque senón co conxunto dos colectivos nacionalistas e independentistas que están a tecer estratexias en común. No concreto, afirma que, se se deren os supostos contemplados na Lei de Partidos, o goberno instaría a ilegalización de AMI e Causa Galiza.

SOCIAL

Un millar de persoas piden a demisión de Samuel Juárez na Coruña

Unha multitude responde na Coruña á convocatoria contra a criminalización dos movementos sociais, xuntando a diversos colectivos e entre unha grande presión policial

Bieito Lobeira, secretario de Organización do Bloque
POLÍTICA

"Samuel Juárez está cos romanos e nós, no Monte Medulio. Este señor é un fascista"

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, afirma, en conversa con Sermos Galiza, que a formación nacionalista só estará nunha candidatura ás europeas que parta da idea "de que a esta Unión Europea hai que combatela".

A vitória do 99% frente ás torpeças de Samuel Juárez

 No desfiuzamento da Corunha, o que se viu foi à polícia aguantando as acometidas duns bárbaros (…) Há umha estratégia para crispar (…) Tentam incendiar a rua (…) O parlamento é um galinheiro (…) Gostaria de ver no Bloque umha condena clara de Resistência Galega”. 

Estas frases estám tiradas da entrevista ao Delegado do Governo na Galiza realizada há uns dias por um diário corunhês. Só lhe faltou dizer que o desfiuzamento de Aurelia Rey foi impedido pola violência da banda terrorista Tripla B (Bombeiros, Bárbaros e Bloqueiros). Som declaraçons que fam parte dum relato que nos pode soar a brincadeira, mas nom o é. O relato deve preocupar-nos porque existe. Existe no imaginário dalguns seitores políticos. E vivemos tempos nada tranquilos. Por isso é tam perigoso -e dá medo- ouvi-lo da boca de quem detenta o monopólio do exerciço da violência. Especialmente se quem detenta este monopólio é a força política herdeira dos genocidas impunes que afogarom em sangue esta sociedade há nom tantas décadas. O senhor Juárez deveria ser consciente do impacto que podem ter as suas palavras. Produzem medo. Digo-lho eu que ainda tenho familiares enterrados nas cunetas. Quiça é o que pretende. Produzir terror. 

Galiza

Afectad@s polas preferentes reteñen na depuradora de Vigo o delegado do Goberno e o conselleiro de Medio Ambiente

Perto de 250 persoas rodearon as instalacións da depuradora de Vigo, que visitaban o delegado do goberno español na Galiza e o conselleiro de Medio Ambiente, e que precisaron dun cordón policial para abandonar a zona. A indignación entre os milleiros de galeg@s afectad@s polo calote vai en aumento a medida que pasa o tempo sen que o goberno sequera intente dar una solución
CULTURA

Vídeo da presentación de "Inflamable", o último traballo de Samuel L. Paris



"A literatura debe arder". É baixo esa proclama que Samuel L. París vén de presentar o seu último traballo,unha mistura entre música e literatura --disciplinas nas que o autor se move con comidade-- co punk por base. "Inflamable" é o titulo desta obra, editada por Edicións Positivas, mais dispoñíbel no netlabel "O toxo rabudo".  En 2008 xa publicara o exitoso e rompedor "Manual da destrución" no netlabel A Regueifa Plataforma.
Elías Somoza, Fruga
ECONOMÍA

''Feijóo co agro foi unha arma de destrución masiva''

Elías Somoza, responsábel de sectores gandeiros da Federación Rural Galega (FRUGA), explica o contexto en que o rural se botará, máis unha vez, ás rúas da cidade. Exixen un compromiso político que free o desmantelamento dun sector estratéxico, o lácteo. O 50% das explotacións do estado son galegas e producen o 40% do leite. Porén, @s nos@s produtor@s cobran os prezos máis baixos