Rexenera Fest

Mural de Alba Fabre realizado en 2022 (Foto:
star
CULTURA

A revolución da arte urbana regresa a Carballo

Até o 11 de xuño, seis proxectos artísticos liderados por sete creadoras e creadores farán que medre o número de obras murais en Carballo ao abeiro do Rexenera Fest, unha iniciativa que suma nove anos mostrando en directo como se transforman os espazos públicos. A vila, convertida en “museo público”, é xa un referente turístico internacional da arte urbana.