Agradecermos con 'obrigada' é correcto
Eduardo Maragoto volta a presidir a AGAL
O professor dirigirá umha equipa de 13 membros cujo primeiro cometido será “aproveitar as oportunidades que abre o reconhecimento a Carvalho Calero polo Dia das Letras do ano 2020”.
Eduardo Maragoto recuncará como presidente da AGAL
O profesor Eduardo Maragoto volta estar á fronte da equipa que se presenta para o Consello da AGAL nas eleccións, co mesmo título de hai catro anos: «Polo Novo Consenso» . É a única candidatura presentada.
Vinte e cinco anos sen Guerra da Cal
José-Luis Fontenla Rodrigues, distinguido com o Prémio Meendinho 2018
A Fundaçom Meendinho -entidade reintegracionista- outorgou o seu prémio 2018 ao presidente das Irmandades da Fala de Galiza e Portugal e representante do nosso país na comissão que elaborou o Acordo Ortográfico lusófono de 1990.
Tanto ten galinha que galiña, o importante é que poña ovos!
Desde o reintegracionismo e desde correntes que adiren a norma oficial mais son partidarias do achegamento ao portugués xorde a iniciativa de fomentar o convivio entre as dúas opcións ortográficas para así garantir a supervivencia do idioma
“Moitos avós e moitas avoas son 'reintegratas' e non o saben”
Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento) é a obra que vén de publicar Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973). Profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, o seu campo de estudo é, fundamentalmente, a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea. Entrevistámolo no número 278 de Sermos Galiza. Eis un extracto.
"Que con 65 anos abandones unha norma sabendo que a editorial che vai fechar a porta ten un valor simbólico grande"
De non mirarmos os seus dados biográficos, diriamos que é ben máis novo, sensación que se acrecenta ao escoitar o gravado. Sen dúbida, a vitalidade e o entusiasmo transmítense polo ouvido. Entrevistamos Vítor Vaqueiro no Sermos Galiza 236. Deixamos aquí un extracto da conversa.
“Non somos inimigos, non escribimos nunha lingua diferente”
Falamos coa escritora Teresa Moure, unha das promotoras do manifesto “O fim do Apartheid” que reclama o cese da “discriminación” do reintegracionismo dentro da cultura galega.
Reclaman a “fin do Apartheid” para o reintegracionismo dentro da cultura galega
Vén de publicarse na rede un manifesto que demanda, facendo comparanza coa discriminación racial, a igualdade de oportunidades para a escrita reintegracionista na publicación de libros, nos premios literarios, nos movementos en defensa da lingua... “O reintegracionismo fai parte da cultura en lingua galega”, afirman.
“A partir de agora a AGAL vai ter unha única norma con variantes”
Eduardo Sanches Maragoto é desde o outono pasado o novo presidente dunha AGAL que vén de apostar por unha confluencia normativa que acepte tamén o padrón portugués, subindo á maré do importante aumento de alumnado desta lingua que se está a dar en todo o país. Só neste curso os estudantes de portugués medraron un 114%.
Algumhas mentiras sobre o reintegracionismo
Recentemente tivem a enéssima polémica cibernética a conta da norma que deve seguir a língua galega.
Alonso Montero bota de menos a normativa previa á da concordia e rexeita calquera achega ao reintegracionismo
Pouco tardou Alonso Montero en pechar as portas a calquera acordo co reintegracionismo. O novo presidente da RAG mostrouse tallante na súa primeira entrevista pública na Radio Galega ao afirmar que non ten previsto mover “nin un pelo” na normativa. Pola contra, o que lle gustaría é desandar o camiño andado, recuperar as do 1982 e renunciar á chamada normativa da concordia. Non o fará por motivos exclusivamente pragmáticos.