Pablo Casado

Feixóo, como Pío Cabanillas

28033417457_22dcc8f974_h
O Congreso do PP

Feixóo di agora que sería unha falta de respecto intentar condicionar a opinión dos delegados

Casado pode agardar sentado: Feixóo non vai pedir o voto para el, salvo xiradela de guión de última hora. Visto como está o taboleiro do PPdeG —con destacados dirixentes a se posicionar a prol de Soraya— o líder conservador galego opta por manter a neutralidade aparente. E di algo máis: sería unha falta de "respecto" utilizar a súa posición "preeminente" para condicionar o sentido de voto dos e das delegadas do PPdeG ao congreso.

Soraya
Por volta de 40 por cento das e dos delegados, con Soraya

O PPdeG acode dividido ao congreso estatal

O proceso de renovación do PP estase a converter nun calvario para Alberto Núñez Feixóo após ser apartado primeiramente da carreira sucesoria [renunciou a concorrer ao constatar que non tiña hipóteses de ser coroado líder por aclamación] e derrotado nas primarias ao alzarse coa vitoria estatal Soraya Sáenz de Santamaría e comprobar como Dolores de Cospedal era rexeitada por máis do 60% da militancia galega. Agora atópase co partido dividido na Galiza e con perto das 40% das compromisarias e compromisarios  –entre eles líderes partidarios tan significativos como o lugués Xosé Manuel Barreiro ou o ourensán Manuel Baltar— apoiando Soraya.

Miguel Tellado vota nas primarias do PPdeG 5 de xullo de 2018
O Congreso do PP

Feixóo fará actos con Casado e Santamaría

Co candidato da ala aznarista do partido, Feixóo protagonizará esta cuarta feira un evento —reunión coas delegadas galegas ao Congreso— en Compostela. A quenda do encontro coa ex vicepresidenta do goberno, máis próxima a Raxoi do que a Aznar, será a vindeira segunda feira, en Pontevedra.

42901967311_4b54603cfa_h
POLÍTICA

Feixóo aparenta equidistancia, aínda que unirá forzas con Casado contra Soraya

As cartas están xa sobre a mesa: Casado rexeita a oferta de integración que lle formulou Santamaría e disponse a asaltar o poder orgánico no PP, na votación decisiva das delegadas ao congreso a se realizar o vindeiro 21X. Ou hai unha mudanza pouco probábel no taboleiro ou as compromisarias do PPdeG apoiarán Casado para evitar a chegada de Soraya á presidencia do partido.

María Dolores de Cospedal e Soraya Sáenz de Santamaría
A ex vicepresidenta imponse pola mínima na primeira volta

Cospedal gaña na Galiza mais sucumbe no estado ante Sáenz de Santamaría e Casado

Cospedal gaña as primarias do PP na Galiza, mais no conxunto do estado acaba a carreira en terceira posición. Iso significa que non pasa o corte deste 5X —a votación aberta á militancia— e fica eliminada. O Congreso vano decidir as delegadas e delegados o próximo 21X. Soraya Sáenz de Santamaría gaña o primeiro asalto pola mínima nun duelo apertadísimo con Pablo Casado. O ex vicesecretario de Comunicación podería acabar impóndose no congreso se recebe os apoios do sector cospedalista. O PPdeG podería acabar sendo decisivo na vitoria de Casado.

Casado ábrese paso

Candidatos PP Congreso
Os estatutos do PP permiten que unha opción 'perdedora' o 5X se faga coa presidencia do partido

Ser a segunda candidatura máis votada pola militancia e gañar o congreso

A votación da militancia -axendada para o 5 de xullo- só sería decisiva en tres supostos: que a candidatura máis votada supere 50 por cento dos sufraxios, que distancie en no mínimo 15 pontos a segunda máis apoiada ou que se impoña na metade das circunscricións. En calquera outro suposto, a decisión final correspondería ás 2.612 compromisarias que asistirán ao Congreso en Madrid os días 20 e 21 de xullo.

pablo casado PP
POLÍTICA

Recado de Casado a Feixóo: "Estiven esperando a que alguén apresentase un proxecto mellor có meu e non foi así"

A opción coa que ninguén contaba vai a por todas. "Apreséntome para gañar", dixo. Pablo Casado defínese como "o candidato dos afiliados e os militantes".

feixoo 3
Convoca de urxencia a dirección do PPdeG/A xuíza ve indicios de delito en Pablo Casado

Precipítanse os acontecimentos: Feixóo despexará a incógnita ás 20 horas

[NOTICIA ACTUALIZADA] Sucédense os golpes de efeito nesta segunda feira: primeiro foi Pablo Casado ao anunciar a súa candidatura. O viceresponsábel de Comunicación do PP non estaba nas apostas. A resposta desde Monte Pío non se fixo agardar. Feixóo convocou de urxencia a xunta directiva do PPdeG ás 20 horas para esta mesma segunda feira. Nesa reunión despexará a incógnita sobre se concorre ou non ao congreso de elección do relevo de Raxoi. As fontes do PP consultadas por Sermos afirman que esa convocatoria xa estaba prevista -aínda que non fora feita pública- e, portanto, deslígana do anuncio de Pablo Casado.

A importancia da exemplariedade

'La Falange' está ao mando

POLÍTICA

Rajoy mantén Cospedal e ascende Maroto, Casado e Martínez Maíllo

O presidente do Partido Popular e do goberno español limita as mudanzas na segunda liña da formación.