neofalantes

EuropaPress_5205080_varias_personas_manifiestan_dia_letras_galegas_celebra_hoy_17_mayo_2023
LINGUA

Queres pasarte ao galego e non sabes como? Aquí algunhas chaves e testemuños de neofalantes

A dificultade de pasar ao galego con persoas e ambientes cos que sempre falaches castelán pode ser moi grande, por iso podes comezar a empregar o galego en ambientes novos e con xente descoñecida, para que introducilo na túa vida persoal sexa máis doado. Consellos coma este son os que ofrecen A Mesa pola Normalización Lingüística ou Galiza Nova para os novos neofalantes.