ministerio

SOCIAL

''A ignorancia supérase lendo'': Carlos Callón mándalle ao ministro de Interior o libro 'Amigos e sodomitas'

O escritor galego fíxolle chegar este título a Fernández Díaz após o rexeitamento que fixo publicamente do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pese a ficar avalado polo Constitucional
Galiza

O ministerio de Interior somete á lei antiterrorista unha crianza de 8 meses

A policía española prendeu esta segunda feira a Sílvia C.S. e o seu compañeiro Júlio S.S., militantes independentistas que vinculan co denominado 'aparello de financiamento' de Resistencia Galega. Canda el@s levaron o seu fillo, aínda lactante, a quen mantiveron cinco horas sen se alimentar após o separar da súa nai. Seguen incomunicad@s e xa foron trasladados a Madrid.
ensino
SOCIAL

O ministerio silencia no Consello escolar as voces que discrepan coa lei educativa de Wert

Sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais e integrantes da Federación de municipios e provincias, erguéronse da reunión deste organismo perante o que consideran "un atentado sen precedentes contra a liberdade de expresión", ao non permitirse o debate das emendas presentadas ao anteproxecto
POLÍTICA

O ministro Arias Cañete reivindica a xestión do goberno español na catástrofe do Prestige

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, louba nunha entrevista na televisión pública española as decisións adoptadas polo executivo central durante a catástrofe do Prestige e asegura que desenvolveu unha "operación espectacular" coa limpeza da costa.
INTERNACIONAL

O ministerio de Interior ameaza EH Bildu coa ilegalización

Jorge Fernández Díaz afirmou que Laura Mintegi "cometeu un dobre grave erro por non condenar a ETA nin pedir a súa disolución e, ao mesmo tempo, lamentar a operación policial", referíndose ás palabras da candidata a lehendakari sobre o arresto esta fin de semana de dúas persoas militantes da banda armada
CULTURA

O ministerio de Cultura pon na picota o décimo aniversario do Festival de Cans

O Festival de Cans chegará na próxima edición ao seu décimo aniversario, mais o ministerio de Cultura, en lugar de apoiar a conmemoración dunha das iniciativas culturais maís singulares e exitosas vén de lle tirar a subvención que mantiña de 10.000 euros na anterior convocatoria, o 12% do orzamento total.
Placa co símbolo da Real Academia Galega
LINGUA

O ministerio de Cultura 'castiga' a Real Academia Galega nos orzamentos do estado

Os orzamentos da RAG reduciranse nun 50% entrementres as academias españolas só terán un 39% menos. Desde a chegada do PP ao goberno español a institución galega pasou de recibir 1 millón de euros a contar só con 340.000. A RAG está a preparar unha resposta mais X.L Méndez Ferrín adianta que está en desacordo
Jose Manuel Soria, ministro de industria
ECONOMÍA

O ministro Soria visita Alcoa con promesas das cales os sindicatos recean

José Manuel Soria dixo que “garante” a viabilidade das plantas galegas, mais o Comité de empresa non fica convencido cunhas palabras sen concreción feitas en campaña electoral. Ana Pontón responsabilizou a Xunta da situación “pola falta de políticas industriais” do executivo.
SOCIAL

O Goberno do PP quere cobrar polas mamografías

O departamento que dirixe Ana Mato confirmará após as eleccións na Galiza e en Euskadi que o cribado do cancro de mama desaparece da carteira básica de prestacións sanitarias, polo que as mulleres terán que pagar por esta proba diagnóstica
Xosé Manuel Carril
POLÍTICA

Os tribunais fallan contra o goberno de Negreira

Após coñecermos os ditames da Xunta Electoral contra o goberno de Núñez Feijóo o Xulgado número 1 da Coruña, vén de emitir unha sentenza contra o goberno municipal da Coruña, liderado polo "popular" Carlos Negreira. 
SOCIAL

O estudantado galego planta o ministro Wert

As tres universidades galegas representadas nas organizacións Comités, Liga Estudantil e Iesga exixiron a demisión do titular español de Educación. Acto seguido, erguéronse dos asentos para non seren cómplices dos recortes. Quéixanse de que as propostas estaban fechadas "para que o estudantado as lexitimase", para alén de que o Consejo de Estudantes "non conta ca máis mínima lexitimidade"
Luis de Guindos, ministro español de Economía
Galiza

O ministro de Economía recoñece que as preferentes foron “un engano ás e aos aforradores”

O BNG sinala a Luis de Guindos que está a “recoñecer un delito” polo que insta o ministro a recorrer á Fiscalía do Estado

OFENSIVA ULTRACAPITALISTA

Jorquera acusa ao PP de "incumprir o seu programa a cada consello de ministros"

O deputado do BNG en Madrid exixe que "non todos paguen por igual a crise".