sábado 16/10/21

O ministro de Economía recoñece que as preferentes foron “un engano ás e aos aforradores”

O BNG sinala a Luis de Guindos que está a “recoñecer un delito” polo que insta o ministro a recorrer á Fiscalía do Estado

Luis de Guindos, ministro español de Economía
Luis de Guindos, ministro español de Economía

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, instou o Ministro de Economía, Luis De Guindos, a actuar ante a Fiscalía polo escándalo das participacións preferentes. Unha apelación que lle fixo a De Guindos tras admitir este na Cámara parlamentar española que a cuestión das participacións preferentes «foi un engano aos aforradores».

Dita afirmación levou Francisco Jorquera a emprazar o Ministro a actuar ante a Fiscalía. «Con esta manifestación vosté está admitindo a comisión dun delito, se se enganou aos aforradores daquela actúen ante a Fiscalía do Estado».

Jorquera interviu no Pleno con motivo do debate do Decreto sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios do sector financeiro. O portavoz do BNG criticou o decreto e deixou claro o voto en contra do BNG, que, ademáis «desaproveita a ocasión para resolver o problema do corralito das preferentes». O decreto non soluciona tampouco este problema.

comentarios