Medos Romero

Medos Romero. (Foto: Ramón Loureiro)
star
Entrevistas

Medos Romero: “Estou segura de levar en min a dor das mulleres que, como miña nai, tanto sufriron na vida”

A perda. A ausencia. O absoluto desamparo. A dor abisal da separación dunha nena da súa nai deu orixe a E o sol era Ela, o poemario co que Medos Romero gañou o XIX Premio de Poesía Afundación. Un libro no que regresa ao íntimo tras unha incursión maior da súa poética en temas como a violencia de xénero, o espolio da clase obreira ou a destrución da natureza, alicerce, segundo a autora, da súa creación, en estreita conexión coa súa vivencia do rural.