mato

Sau
ECONOMÍA

A superficie forestal ocupa 60,7 % do territorio galego, que concentra 30% das plantacións de eucalipto de Europa

O monte gaña terreo na Galiza mentres cae a superficie agraria útil. O proceso iniciado tras a incorporación do Estado español ao Mercado Común Europeo agudízase, até o punto de que Galiza é a comunidade con máis superficie agraria abandonada. Así o reflicten os datos que vén de publicar o Ministerio de Agricultura.

A veciñanza de Trabada colaborou na extinción do incendio (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A superficie queimada na Galiza en cinco anos equivale a 2,7% de todo o territorio

 A Xunta da Galiza vén dar por extinguido o incendio forestal que arrasou 2.326 hectáreas de monte nos concellos de Ribadeo e Trabada, ambos na comarca da Mariña. O fogo, cualificado polo Goberno galego como o máis grande do ano no país, eleva a superficie queimada neste exercicio a perto de 17.000 hectáreas.

Os fentos son unha das especies máis abondosas nas zonas de mato. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

O mato ocupa na actualidade 598.106 hectáreas da superficie forestal da Galiza

A caída da superficie agraria útil favorece o incremento da superficie forestal. A día de hoxe, 33,3% da superficie forestal da Galiza está ocupada polo mato, que supera a superficie cultivada ou a extensión total de prados e pasteiros. O seu avance é consecuencia do abandono rural.

Terras a mato na comarca de Ordes. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

598.322 hectáreas de monte están a mato

A superficie forestal galega suma perto de dous millóns de hectáreas e representa 60,8% da extensión do país. Segundo os datos achegados polo Inventario Forestal Nacional, 598.322 hectáreas atópanse ocupadas polo mato. O abandono do monte é un dos  principais factores de risco para os incendios.