lobo

SOCIAL

Adega demanda á Xunta recursos para protexer o lobo

Un estudo desta organización ambientalista indica que as batidas e controis letais da especie non solucionan o problema. A poboaión de lobos en Galiza non aumentou nestes anos, o incremento do rexistro de danos desde 2015 débese a unha mellora no sistema de recollida dos mesmos.

[Imaxe: Wikipedia] Lobo
Adega censura a xestión da Xunta

Nin máis lobos nin máis danos

As lendas e os mitos ao redor dos lobos provocaron que sobre o animal paira aínda a sombra da desconfianza e un halo de temor que non ten a ver coa realidade. A asociación ecoloxista Adega nega unha maior cantidade de lobos en Galiza e urxe a Xunta a mudar a súa xestión.

Inmigrantes: ovellas en terra de lobos

[Imaxe: Wikipedia] Lobo
Medio Ambiente

O lobo, estábel na Galiza

Temido, fero, endiañado e fío co que se teceu parte da mitoloxía do país e centos de contos e cantigas populares. O lobo non escapa á arquitectura nin á arte románica. É tan malvado como nolo pintaron? Realmente corre perigo? Cal é a súa situación demográfica? Mergullámonos nun mundo ateigado de estigmas no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da reportaxe.

Mario Regueira
CULTURA

O crítico Mario Regueira elixe 'Cabalos e lobos' como a mellor novela do ano

O crítico de libros de Sermos vén de publicar no seu blog os tres mellores libros galegos de 2015: 'Cabalos e lobos' de Fran P. Lorenzo en novela; 'Seique' de Susana Sánchez Aríns en poesía e 'Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural', de Antón Figueroa, en ensaio. 

ADEGA PONO EN COñECEMENTO DA FISCALíA

Denuncian montarías ilegais de lobos por 2.800 euros

“Véndese rececho de rebezo selectivo na reserva da biosfera dos Ancares Lugo. Tamén se pode cazar xabarín e lobo. Prezo 1000+taxas (negociábel). Urxe!”. Anuncios coma este poden atoparse na rede como ofertas de trofeo de lobo, cuxa venda está prohibida e pode ser causa de delito penal.

Francisco P. Lorenzo
SÓ EN PAPEL

Sermos Galiza publica esta quinta feira un adianto editorial de “Cabalos e lobos”

Nas próximas semanas chegará ás librarías a novela Cabalos e lobos, a estrea literaria coa que o xornalista Francisco P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela. O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un adianto do texto.

Deseño para Pedro e o lobo
CULTURA

Fantoches Baj estrea un "Pedro e o lobo" con bandas musicais

O 23 de novembro a compañía Fantoches Baj estreará en Pontevedra, Pedro e o lobo, unha particular versión do clásico para público infantil e apegado á realidade galega e coa música da banda da cidade ao vivo. 

Fran P. Lorenzo
CULTURA

O xornalista Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor con “Cabalos e lobos”

Fran P. Lorenzo é o novo gañador do Premio Blanco Amor coa novela Cabalos e lobos. Trátase da primeira novela do xornalista. 

Lobos
Galiza

Adega avalía a situación do lobo na Galiza

Avaliar a situación do lobo no noso país é o obxectivo da xornada que Adega desenvolverá o 26 de abril na Eira da Xoana coa participación de Marcos Rodríguez Pantoja, que conviviu 12 anos con lobos. 

Os lobos de Wall Street non son frikis, son señores (os nosos)

Vin esta fin de semana O lobo de Wall Street. As imaxes son poderosas, a interpretación de Di Caprio, moi convincente. Intúo que a unha parte do público o protagonista lle produce máis fascinio que repulsión. Fiquei co desexo de repasar algunha escena, a última, Jordan Belfort a seducir un auditorio expectante, como nas modernas escolas de negocios, coa relixión verdadeira e máis poderosa da época do capitalismo triunfante, todo pode ser mercadoría, a empezar polo ser humano. E ser modern@ é apertar o pensamento positivo, se queres estarás entre @s triunfador@s. Antes do filme o anuncio de Banco Santander a rematar cunha moza puño en alto. A gran banca a vender revolución?

CULTURA

"Eu violei o lobo feroz", o poemario da Teresa Moure máis desobediente

Máis dun cento de persoas asistiron ao lanzamento do último libro publicado por Teresa Moure. Acompañada pola editora ATravés e o poeta Rafa Vilar, a escritora non dubidou en recitar algunhas das poesías que compoñen a súa obra máis desobediente.

Letras e Ideas

Teresa Moure presenta en Compostela 'Eu violei o lobo feroz', o seu primeiro título en galego-portugués

O lanzamento, fixado dentro das actividades do Festigal previstas para o Día da Patria, ficou adiado após suspendérense estes festexos por mor do accidente de tren acontecido en Angrois. A autora retoma esta quinta feira a tarefa pendente, acompañada polo tamén poeta Rafa Vilar.

Letras e Ideas

Teresa Moure: ''Todas podemos ser lobos, todas asomamos as orellas porque somos ferozmente de plástico''

Eu violei o lobo feroz é, en moitos aspectos, o primeiro libro da escritora: o primeiro escrito en poesía, o primeiro eroticamente explícito e o primeiro redactado en galego-portugués. Publicado en ATravés, a presentación xa ten data e fica próxima: este 25 de Xullo, ás 19.45h, no Festigal, onde estará acompañada do poeta Rafa Vilar.

ECOLOXISMO

O Barbanza mobilízase contra o masacre de lobos

Adega e Vox Anima convocan unha manifestación en Ribeira para reclamarlle á Xunta que poña fin ''á persecución e ao exterminio legal e ilegal'' que soporta este animal nos montes do país