SÓ EN PAPEL

Sermos Galiza publica esta quinta feira un adianto editorial de “Cabalos e lobos”

Nas próximas semanas chegará ás librarías a novela Cabalos e lobos, a estrea literaria coa que o xornalista Francisco P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela. O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un adianto do texto.

Francisco P. Lorenzo
photo_camera Francisco P. Lorenzo

Na sección Textos do número 138 de Sermos Galiza que estará nas rúas esta quinta feira publícase un adianto editorial da novela do xornalista Francisco P. Lorenzo, Cabalos e Lobos. A obra, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela, é a estrea literaria dun autor cunha xa longa traxectoria no xornalismo e creador do blog Un país en lata onde está a publicar os book teaser da nova novela, á espera da súa publicación nas próximas semanas. A entrega 138 do Sermos Galiza -o único semanario en lingua galega- inclúe tamén unha entrevista co autor na que explica o proceso de creación da obra. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios