LIX

evamejuto
EVA MEJUTO, ESCRITORA

"Impactoume o sufrimento das crianzas trans"

Coñecémola como a cara visible de Oqo e como autora de álbum ilustrado, pero Eva Mejuto deulle unha viraxe á súa vida para entrar no mundo da xestión cultural cun novo proxecto chamado Capicúa. Ademais, vén de publicar '22 segundos', a súa primeira novela xuvenil que aborda o tema da transexualidade e que presentará mañá cuarta feira na Casa da Luz de Pontevedra xunto cun dos rapaces que inspiraron a historia. 

agustinfdezpaz
CULTURA

O IESCHA crea o Premio Fernández Paz de Narrativa LIX pola igualdade

No Día do Libro presentábanse as bases da primeira edición deste premio, impulsado polo Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba.

Erica_Esmoris
CULTURA

A escritora Érica Esmorís irrompe na LIX

Tan só dous días despois de se saber que é a gañadora do XXX Premio Merlín coa súa obra  Nena e o mar, a editorial Sushi Books anuncia a inminente publicación de Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California, a segunda novela de Érica Esmorís, destinada a preadolescentes. 

Xabier P. Docampo
CULTURA

Xabier P. Docampo e Paula Carballeira participan na Ludoferia de LIX de Valparaíso

O obradoiro “O vento que nos trae as palabras” será unha das actividades coas que o escritor Xabier P. Docampo participa na Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso. A presenza de Xabier P. Docampo súmase á da contadora Paula Carballeira que entra no programa do “Encontro Internacional de contadores de historias”. O festival terá lugar do 23 ao 26 de abril. 

Presidentes das tres asociacións
CULTURA

O 'Galeusca' da LIX será en outubro en Pontevedra

En Pontevedra, na cidade onde se está a desenvolver o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, é onde se xuntarán en outubro representantes das literaturas vasca, catalana e galega na nova edición do Galeusca, desta volva dedicado á escrita para o público máis novo.