Libera

Acción pola adopción responsábel en Romanía. (Foto: Asociación Animalista Libera!) #libera #fútbol #adopción #animais
DEPORTES

Libera insta os equipos de fútbol galegos a impulsar a adopción responsábel de animais

A organización considera que os equipos "máis mediáticos" -Celta, Lugo e Depor- deberían colaborar con esta causa como xa fan clubs da primeira división romanesa. De feito, o conxunto coruñés puxo en marcha este ano unha modalidade para facer socios animais, coa que un 15% dos ingresos van a protectoras.
Manada de lobos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press
)
SOCIAL

Estes son os 19 concellos que alegaron contra a norma que aumenta a protección do lobo

Un total de 19 concellos galegos presentaron alegacións contra a normativa estatal que aumenta a protección do lobo. A ollos da asociación animalista Libera, o dato demostra “o rotundo fracaso institucional” da “campaña antilobo da Xunta”.

incendio lume foto de @briftabuyo
SOCIAL

Libera! estima que uns 5.000 animais faleceron nos incendios de Cualedro e Monterrei

Marcos Cal, Luca Chao e Rubén Pérez na rolda de prensa na Cámara galega (Nós Diario).
Parlamento

O Grupo Común da Esquerda busca garantir o benestar animal

Levarán ao Parlamento da Galiza unha batería de iniciativas para que se cumpra coa lei de Benestar animal aprobada no país
2020010919005547088
As entidades animalistas denuncian que a normativa galega non se aplica

Máis abandono animal e máis maltrato malia a lei

Galiza actualizou en 2018 a súa normativa de protección e benestar dos animais de compañía. Porén, as entidades protectoras e animalistas alertan de que a lei non serviu nin para reducir os casos de abandono, que seguen medrando, nin para diminuír as condutas máis graves de maltrato. O motivo principal: a falta de aplicación do novo articulado, que carga a Xunta de competencias sancionadoras en detrimento dos concellos, sen que exista un reforzo para a súa tramitación.   
 
Raposos cazados [Imaxe: Adega]
SOCIAL

Libera denuncia un novo campionato de caza de raposo

A Asociación Animalista Libera denunciou este sábado unha convocatoria por parte da Federación Galega de Caza dun 'Campionato de caza de raposo' en varios municipios das comarcas de Noia, Barbanza e o Sar, e pediu aos concellos que non cooperen con esta actividade "tan cruel como innecesaria".
can no autobús
SOCIAL

Os animais queren viaxar en autobús

A asociación animalista Libera pide que se regule o acceso con animais ao transporte público galego.
foto
Rubén Pérez, coordinador de Libera Galiza

"Hai practicamente barra libre para meterlle o dente ao raposo"

 

 

Raposos cazados [Imaxe: Adega]
SOCIAL

Animalistas denuncian perante a Valedora do Pobo as cacerías de raposos

Libera! e a Fundación Franz Weber veñen de presentar unha demanda ante a Valedora do Pobo polo incumprimento dun acordo parlamentar no que se recollía a fin das subvencións a este tipo de eventos.

Carlos Arias
CULTURA

Carlos Arias: "Sobol é unha aposta pola liberdade desde a poesía"

Sobol de Carlos Arias é terceiro título colección de libros dixitais de Sermos Galiza que inauguraron Mundo maquinábel de Tati Mancebo e Animalario Estrafalario de Rafa Villar. O novo libro xa está a dispor na nosa loxa.

Ana Pontón, Francisco Jorquera e Rubén Pérez
POLÍTICA

Galiza Mellor Sen Touradas e BNG fan fronte contra a tortura animal

A organización nacionalista presentará unha Proposición de Lei impulsada por Galiza Mellor sen Touradas que poña fin á tauromaquia no noso país. "Non é cultura, é tortura" denuncian. 

DEPORTE?

Un centro social de Fornelos volve acoller un curso de caza para menores de idade

A asociación animalista Libera denunciou perante o Valedor a organización desta xornada formativa enfocada a nenas e nenos ao entender que se lles amosa "unha imaxe dulcificada dun deporte baseado na morte". É o segundo ano que o local abre as súas portas para a celebración deste evento