Isabel Risco

Isabel Risco e o seu 'alter ego', a Nabiza Girl de plastilina. (Foto: Algarabía Animación)
star
CULTURA

'Así falamos, así sentimos': a superheroína Nabiza Girl dá o salto á animación nas redes sociais

Nabiza Girl, a superheroína creada por Isabel Risco, dá o salto á animación en stop motion coa serie para redes sociais Así falamos, así sentimos. A produtora herculina Algarabía Animación, co apoio da Deputación da Coruña a través das axudas á produción de proxectos singulares, lanza esta iniciativa audiovisual conformada por diversos episodios que se comezarán a liberar nas redes sociais desde esta mesma semana.