Catro persoas falecidas e varias feridas de diversa gravidade no incendio dun edificio en Vigo que puido ser intencionado
Os bombeiros de Vigo non acudiron ao incendio do restaurante de Moaña por "falta de efectivos"
Dos 20 efectivos que se exixen só estaban operativos 15 cando recibiron o aviso
Un restaurante instalado sobre a auga en Moaña arde por completo
Unha falsa alarma de incendio obriga a desaloxar a Cidade da Xustiza de Vigo
A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada por unha falsa alarma de incendio que fixo soar os sinais acústicos minutos antes das 11 horas desta quinta feira. Esta situación obrigou a abandonar o inmóbel a todo o persoal e usuarios que se atopaban no interior do edificio xudicial da cidade olívica. Todos eles foron conducidos polo persoal de seguridade até o exterior da Cidade da Xustiza, á que, polo momento, non se desprazaron efectivos de bombeiros.Uns 15 minutos despois, tras comprobar que a alarma fora activada sen que respondese a unha situación de emerxencia, permitiuse o acceso ao edificio para retomar a actividade.
Un xulgado de Murcia incoa dilixencias por 13 homicidios imprudentes após o tráxico incendio
Localizados todos os desaparecidos no incendio da discoteca de Murcia, un caso baixo segredo de sumario
Trece falecidos e varias persoas desaparecidas nun incendio nunha discoteca de Murcia
Un móbil cargando, posíbel causa dun incendio que case calcina unha casa por completo en Nigrán
VÍDEO | Así foi o incendio, xa controlado, no punto limpo do Caramuxo, en Vigo
Un incendio obriga a desaloxar oficinas da Xunta e Abanca na Coruña
Extinguido o incendio da Mezquita após calcinar cerca de 90 hectáreas
Estabilizado o incendio forestal da Mezquita, que suma xa 90 hectáreas afectadas
A Consellaría de Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal que afecta desde a noite da pasada terza feira o municipio de A Mezquita, na comarca de Viana. As últimas estimacións ofrecidas pola Xunta da Galiza cifran en 90 as hectáreas afectadas polo lume. O fogo iniciouse na parroquia de Santigoso, zona onde os equipos de emerxencia continúan a traballar para extinguir o lume. Ao longo da mañá contribuíron ao control das chamas tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas, ademais dun helicóptero que se incorporou co paso das horas. Este é o segundo incendio máis grande declarado no mes de agosto despois do de Palas de Rei (A Ulloa), activo entre os días 18 e o 21 con 126 hectáreas queimadas, 117,5 de monte raso e 8,5, arborado.
Activo na Mezquita, Viana, un incendio forestal que xa calcinou 70 hectáreas
Permanece activo no municipio da Mezquita, na comarca de Viana, un incendio forestal que, segundo a Consellaría de Medio Rural, tras as primieras medicións sobre o terreo, xa queimou 70 hectáreas. O fogo iniciouse contra as 22 horas da pasada terza feira na parroquia de Santigoso, onde os equipos de extinción continúan a traballar para controlar o lume. Desde o Goberno galego informan de que neste momento están operativos na zona tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas. Medio Rural lembra que, desde o pasado 24 de xuño, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na Galiza están prohibidas até novo aviso.
Os sindicatos denuncian que un bombeiro só tivo que atender un incendio
Reaberto ao tráfico o tramo da autovía A-52 onde ardeu un camión cargado de chocolate
O tráfico no tramo da autovía A-52 cortado en Seabra como consecuencia dun incendio o pasado domingo dun camión que transportaba chocolate quedou restabelecido ás 14 horas desta segunda feira, xornada na que tivo que ser cortada a circulación de novo debido ao reactivación das lapas na carga e pola necesidade de limpar a vía para garantir as condicións de seguridade. A vía cortouse o pasado domingo polo incendio á primeira hora dun camión entre o quilómetro 117, á altura de Vilavella (A Mezquita, comarca de Viana), e o quilómetro 107, en Lubián (Seabra). O incidente obrigou a interromper o tráfico durante toda a xornada do domingo e a embolsar os camións baixo o protocolo de nevadas.
Novo corte na A-52 á altura do Padornelo tras incendiarse un vehículo
A parroquia de Corvillón, en Cambados, rexistra dous incendios en dúas noites consecutivas
Activo un incendio forestal en Riós que afecta a 20 hectáreas e obrigou a cortar a N-525
A Consellaría do Medio Rural informou dun incendio forestal que permanece activo no municipio de Riós (comarca de Verín), que calcinou xa unhas 20 hectáreas de terreo e obrigou a cortar puntualmente a N-525 por fume. En concreto, o lume iniciouse sobre as 16.10 horas nas parroquias de Fumaces e A Trepa e durante algún tempo obrigou a cortar a circulación da estrada N-525 ao seu paso pola primeira zona, dado que o fume dificultaba a visibilidade. Para o control deste incendio mobilizáronse, polo momento, un técnico, cinco axentes, oito brigadas, seis motobombas, catro helicópteros, unha pa e cinco avións.