Estabilizado o incendio forestal da Mezquita, que suma xa 90 hectáreas afectadas

A Consellaría de Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal que afecta desde a noite da pasada terza feira o municipio de A Mezquita, na comarca de Viana. As últimas estimacións ofrecidas pola Xunta da Galiza cifran en 90 as hectáreas afectadas polo lume. O fogo iniciouse na parroquia de Santigoso, zona onde os equipos de emerxencia continúan a traballar para extinguir o lume. Ao longo da mañá contribuíron ao control das chamas tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas, ademais dun helicóptero que se incorporou co paso das horas. Este é o segundo incendio máis grande declarado no mes de agosto despois do de Palas de Rei (A Ulloa), activo entre os días 18 e o 21 con 126 hectáreas queimadas, 117,5 de monte raso e 8,5, arborado.

Varios axentes de emerxencias observan o incendio forestal de Palas de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
photo_camera Varios axentes observan un incendio forestal. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
Comentarios