Fundación Granell

Unha vista da exposición na Fundación Granell.
star
Iván Prieto expón na Fundación Granell

O disfrace como estratexia de supervivencia

A Fundación Eugenio Granell exhibe, até o vindeiro 9 de abril, a exposición de Iván Prieto Insania. O artista, un dos de maior proxección internacional da súa xeración, revisa nela varias das súas liñas de investigación, que teñen como base a figura humana, a súa deformación a través do disfrace e da máscara como mecanismos de ocultación e de adaptación a unha sociedade que lle impide centrar o pensamento .