Agora
Extinguido o incendio forestal de Cabanas (Eume), que afectou 2,4 hectáreas
22/abr./24
A Consellaría do Medio Rural informou de que foi extinguido o incendio forestal que permanecía activo no municipio de Cabanas (Eume) e que afectou 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume. O lume iniciouse pouco despois das 13 horas deste pasado domingo e sobre as 20horas deuse por finalizado, afectando perto de 2,4 hectáreas. En total, mobilizáronse para a súa extinción un técnico, catro axentes, 11 brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros.
Medio Ambiente
O plan reitor das Fragas do Eume, a exame un ano despois: "É papel mollado, a Xunta fixo unha política de brazos caídos"
29/feb./24
O 2 de marzo de 2023 o Goberno galego aprobaba o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural das Fragas do Eume, documento que rexe o funcionamento deste espazo protexido. Un ano despois, o propio Goberno galego semella ser o único satisfeito cun plan que representantes do ambientalismo e da veciñanza cualifican de "papel mollado".
POLÍTICA
Podemos comprométese a "manter e protexer" o patrimonio natural e artístico
11/feb./24
A candidata do partido morado, Isabel Faraldo, mantivo unha reunión coa asociación de propietarios das Fragas do Eume.
VÍDEO NO INTERIOR
Unha estrada "intransitábel" illa o mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume
19/dec./23
Chegar até o mosteiro de Caaveiro e ao interior das Fragas do Eume é un desexo cada vez máis inaccesíbel para moitas persoas visitantes. Tamén para a veciñanza que traballa na contorna. A principal vía de comunicación permanece "intransitábel" desde a pasada primavera, anegada, inzada de fochancas e perigos.
SOCIAL
O plan de xestión das Fragas do Eume mobiliza os propietarios con terras no parque natural
19/ago./23
O colectivo demanda á Xunta da Galiza máis compensacións económicas polas limitacións que supón para os seus predios.
SOCIAL
Propietarios de terreos nas Fragas do Eume protestan ante a Xunta para pedir compensacións polos usos do parque
13/xul./23
Ao redor dun centenar de propietarios de terreos das Fragas do Eume manifestáronse esta quinta feira ante a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no barrio compostelán de San Lázaro.
SOCIAL
Veciñanza, alcaldes e propietarios de terreos das Fragas do Eume maniféstanse por un plan de xestión "consensuado"
06/abr./23
"A Xunta presentou un plan sen consenso nin diálogo, sen dar resposta a moitas das alegacións e sen ofrecer compensacións xustas polas limitacións que supón para os usos das terras", denuncian.
Fitur
As Fragas do Eume buscan un turismo comprometido
19/xan./23
A segunda das citas impulsadas pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) centrouse nas posibilidades que ofrecen as Fragas do Eume para turistas que se comprometan co medio ambiente e o seu coidado e se interesen polo patrimonio dos cinco concellos do seu arredor.
SOCIAL
A Deputación da Coruña leva a Fitur Os Fogóns do Anllóns e as Fragas do Eume
17/xan./23
Os actos oficiais impulsados pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo (Fitur) nesta semana teñen dous protagonistas indiscutíbeis: por unha parte o proxecto Os Fogóns do Anllóns, nucleado ao redor deste río, e por outra o patrimonio natural e paisaxístico das Fragas do Eume.
SOCIAL
A Federación Ecoloxista rexeita o plan de ordenación das Fragas do Eume
10/xan./23
A Administración non garante a protección do parque.
SOCIAL
Ecoloxistas ven "irrisorio" o diñeiro para as Fragas do Eume
04/xan./23
"Nos últimos anos a propia Administración galega permitiu que este espazo dexenerase polas plantacións de eucaliptos e a expansión de especies invasoras", lamenta Verdegaia.
SOCIAL
Ecoloxistas denuncian "25 anos de desleixo da Xunta" na xestión das Fragas do Eume
09/dec./22
Unha ducia de entidades, Adega, Grupo Naturalista Hábitat, Federación Ecoloxista Galega e Sociedade Galega de Historia Natural entre outras asinan un documento no que sinalan un atraso crónico na xestión dun parque natural emblemático.
SOCIAL
Os concellos ven "insuficiente" e "pouco ambicioso" o Plan de xestión das Fragas do Eume da Xunta
15/nov./22
O Executivo galego presentou as liñas mestras de actuación no parque natural durante os vindeiros dez anos.
SOCIAL
Medio Rural dá por controlado o incendio de Monfero que afectou as Fragas do Eume
09/ago./22
A superficie queimada é dunha hectárea.
SOCIAL
Parque natural Fragas do Eume: ás portas do 25 aniversario e cun bosque único en proceso de “degradación”
28/maio/22
Sete organizacións ecoloxistas denuncian o desleixo da Administración, que as fai ser pesimistas respecto do futuro da "a mellor mostra de bosque atlántico de Europa".
star
Presentan alegacións contra un proxecto de Iberdrola
A "febre eólica" chega ás Fragas do Eume
10/xuño/21
'Nós Diario' accede ao documento de alegacións que prepara o Colectivo Terra de Pontedeume contra o parque eólico Pena do Corvo, promovido por Iberdrola en Monfero. De se aprobar, provocaría "afeccións severas" sobre este espazo da Rede Natura 2000. A empresa trasladou nesta quinta feira á veciñanza que non pode paralizar o proxecto porque "xa está en marcha e hai un grande investimento detrás".