Podemos comprométese a "manter e protexer" o patrimonio natural e artístico

A candidata do partido morado, Isabel Faraldo, mantivo unha reunión coa asociación de propietarios das Fragas do Eume.
A candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, mantén unha reunión coa asociación de propietarios das Fragas do Eume.
photo_camera A candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, mantén unha reunión coa asociación de propietarios das Fragas do Eume.

A candidata de Podemos Galiza á presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, comprometeuse este domingo nas Fragas do Eume a "manter e protexer" o patrimonio natural e artístico.

Faraldo desprazouse até este paraxe natural para manter unha reunión coa asociación de propietarios das Fragas do Eume, onde tamén sinalou que o seu "patrimonio artístico" posúe"dúas marabillas" como "o Mosteiro de Caaveiro e a central electrica de Ventureira, totalmente abandonada”. E referiuse a elas como "dúas xoias que teríamos o compromiso e a obriga de manter e coidar”.

 

Faraldo lamentou que haxa "9.000 hectáreas abandonadas" que "non reciben ningunha atención". Por iso, amosou o seu compromiso coa asociación para "protexer o patrimonio natural e artístico".

"Como se pode permitir que o 30% do Parque estea ocupado por eucaliptos? Onde están os fondos europeos que hai que destinar ás Fragas do Eume? Quen ve esta marabillosa paisaxe ve que aquí non hai mantemento e conservación que sería de esperar con esta xoia do parque atlántico”, concluíu.

Comentarios