filosofía

star
Entrevistas

Ramón Regueira : Vivir con medo

Ramón Regueira Varela (Melide, 1943) teno claro: "A culpábel de todo o que pasa na Galiza nestes momentos é a Xunta, porque o señor Feixoo ten transferidas a sanidade, a educación e a dependencia, e se aquí non funcionan ben eses eidos, a responsabilidade é súa". Porén, o home que hai case 40 anos fundara a Aula Castelao de filosofía, pensa que a saída da crise provocada pola pandemia da COVID-19 non só pasa por un cambio político, senón tamén por unha revolución das ideas e un cambio de paradigma mental e social articulado arredor do público. 

Superficialidade e inconsciência (1)

Valérie Tasso (esquerda), Inma López Silva (centro) e Francisco Castro (dereita) no Festival de Filosofía.
Pensar en común

O algoritmo da liberdade aparente: unha volta polo Festival de Filosofía

O primeiro Festival de Filosofía que decorre na Galiza, da man do Consello da Cultura Galega, puxo en cuestión a liberdade na sociedade actual. As series, Tinder ou o fútbol centraron os focos dun debate dirixido a enganchar a cidadanía con temas de plena actualidade, que reivindica a necesidade de pensar en colectivo. 
Carme Adán [Judith Cendon].
Entrevista

Carme Adán: "A palabra festival celebra que estamos a pensar xuntas"

Mañá arrinca un festival... pero de filosofía! Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega, explica a coordinadora, Carme Adán, pretende achegar o pensamento ao público xeral, poñendo en cuestión, nun momento de especial urxencia, como anticipa o título, a nosa autonomía: "Libres: en serio??? Mito, realidade ou posverdade".
praza da ferraría pontevedra
CULTURA

A Aula Castelao cancela a Semana Galega de Filosofía

A Aula Castelao cancela a Semana Galega de Filosofía
desescalada coronavirus
CULTURA

Pensar máis alá desde o confinamento: ‘Corenta ideas para a (pos)pandemia’

No libro, que se pode descargar nesta mesma noticia, Francisco Sampedro,  Iolanda Teixeiro, Fernando Ramallo e Manuel Outeiriño elaboran cadanseu decálogo arredor da súa consideración sobre “en que mundo entramos, ou, en todo caso, a que fase do sistema-mundo actual nos diriximos”.

uvigo
CULTURA

A tecnoloxía protagoniza a Semana Galega de Filosofía

O evento celebra a súa XXXVII edición entre o 13 e o 17 de abril no Teatro Principal de Pontevedra.
filosofia si carme adán
SOCIAL

Un día (máis) para celebrar a Filosofía

O Día da Filosofía é de «quen se preocupa polo pensamento». Son as palabras da Unesco á hora de recoñecer o valor duradeiro da Filosofía como disciplina e de estabelecer unha xornada para a súa celebración. Desde 2005 son moitos os centros de ensino que festexan unha materia desprezada polas sucesivas reformas educativas, e que busca recuperar o seu propio espazo no currículo de secundaria.

brais arribas - filósofo
Publica un ensaio enraizado no “pensamento débil”

Brais Arribas á procura doutros significados para o nihilismo

Existen outros nihilismos máis alá da abulia e o relativismo, a desorientación e a irresponsabilidade, o escepticismo extremo e a lei do máis forte que constrúen os usos convencionais do termo. A identificalos e propolos como vía práctica da filosofía dedica o profesor Brais Arribas (Huesca, 1980) o seu último libro, Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019). “Imos tentar rehabilitar na medida do posíbel a noción de nihilismo”, advirte na Introdución.
Sen título
XXXVI Semana Galega de Filosofía

A Semana de Filosofía apela á rebeldía fronte á "idea fatalista de que non é posíbel mudar o mundo"

Concluíu a XXXVI Semana Galega de Filosofía, pola que pasaron algúns dos máis reputados estudosos e estudosas internacionais das fronteiras. Aliás, cinco investigadores galegos pensaron “a fronteira na Galiza”. A programación, organizada pola Aula Castelao, chamou a acabar coa "idea fatalista de pensar que non é posíbel mudar o mundo".

joseba
Filosofía e fronteira

Joseba Achotegui: “Hai que pór o foco nos migrantes e non na migración”

O psiquiatra e profesor Achotegui resalta no seu relatorio na Semana Galega de Filosofía que o ser humano é migrante por natureza, pero as condicións nas que o fai na actualidade son extremas e nada teñen que ver coas de hai 30 anos cara a América.

Fronteira sirio turca
Do 22 ao 26 de abril en Pontevedra

A Semana Galega de Filosofía pensa as fronteiras

A arbitrariedade dos mapas, a xeopolítica das migracións, o territorio desde as marxes, a nova división internacional do traballo. Sobre estes e outros asuntos fundamentais para comprender o mundo contemporáneo tratarán 15 expertas e expertos na 36ª edición da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, que comeza este 22 de abril.
 

filosofía
SOCIAL

Activistas pola filosofía celebran que a Xunta recupere parcialmente a materia

Activistas da plataforma Filosofía Si celebran que a Xunta recupere parcialmente a materia de Filosofía como obrigatoria no bacharelato de ciencias sociais e humanidades e como troncal optativa de oferta obrigatoria para os demais. “A medida é sen dúbida moi positiva e significa un importante paso adiante”, afirman nunha declaración remitida aos medios de comunicación.
 

Sobre "Um elefante no armário"

filosofia no parlamento
POLÍTICA

Unanimidade do Parlamento para que Historia da Filosofía sexa troncal no bacharelato

filosofía
SOCIAL

‘Chía pola Filosofía’: unha campaña que vai máis alá da simple defensa dunha materia

Os promotores da ILP para pedir que filosofía volva ser obrigatoria no ensino secundario animan a tuitear aforismos, frases... de filósofos baixo o HT #FilosofíaSi. Unha iniciativa que quer ser activa e participativa para defender un outro modelo de ensino.

FILO 2
Formación

A vixencia da filosofía. Necesitamos pensar?

“Je pense, donc je suis”, deixou escrito René Descartes no seu célebre Discours de la méthode. Unha formulación filosófica con antecedentes expresada no “cogito ergo sum” (penso, logo son). Ese pensamento é unha materia pendente na Galiza desde que a LOMCE lle restou presenza no currículo escolar. Porén, a Xunta de Galiza conta con marxe competencial para que a Historia da Filosofía gañe o terreo furtado. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 260.
 

Porque espertar não sempre significa estar vivo

IMG_0025
ILP para ser materia troncal

Carme Adán: "A desaparición da filosofía no ensino sería letal para a sociedade"

Carme Adán, Jorge Álvarez e demais membros da Comisión Promotora creada para este fin apresentaron esta quinta feira unha Iniciatica Lexislativa Popular no rexistro do Parlamento Galego. A proposta ten como obxectivo que historia da filosofía sexa de carácter obrigatorio no bacharelato.

Verdade e certeza