fascismo

fascismo
MEMORIA E HISTORIA

Viador, vida e morte dun verdugo fascista

Hai 80 anos, o 9 de abril de 1940, era axustizado Xosé Viador Traseira, unha das pezas chaves no aparato do terror fascista. A súa morte foi unha das primeiras operacións de castigo contra os represores. 
Familiares das vítimas na porta do consulado da Arxentina en Vigo.
MEMORIA E HISTORIA

Familiares das vítimas galegas do Holocausto piden xustiza

No ano no que se celebra o décimo aniversario da presentación da querela arxentina polos crimes do franquismo, familiares das vítimas galegas do réxime nazi presentan ante o Consulado Xeral da Arxentina en Vigo 20 denuncias que se unirán á causa aberta no país austral.

Xoan Araguren Ponte.
MEMORIA E HISTORIA

Aranguren Ponte, o garda civil que martirizou Ribadeo

Mentres o pai, o xeneral Xoán Aranguren Roldán, mantivo a fidelidade até o final ao Goberno lexítimo para rematar fusilado na cidade de Barcelona tras a entrada das tropas fascistas, o fillo, o tenente Xoán Aranguren Ponte, atemorizaba a retagarda franquista perseguindo demócratas e mallando nas xentes de ben. Recuperamos a traxectoria de Aranguren Ponte, responsábel do operativo do terror franquista en Ribadeo e nos seus concellos limítrofes.

Manual para ser fascista á perfección: como dar noxo en doce sinxelos pasos

Monumento na Cruz de Maceira
SOCIAL

Pequena ruta pola violencia da extrema dereita en Galiza

A brutal malleira a un independentista en Ferrol volveu traer ao primeiro plano a existencia no noso país dunha violencia da extrema dereita e que se concreta en ataques a persoas, símbolos e bens que merecen o seu odio: de bandeiras galegas a monumentos a vítimas do franquismo.

txute
SOCIAL

A vítima da agresión fascista en Ferrol e unha testemuña identifican un dos presuntos agresores

Puxeron en coñecemento da Policía a identidade desa persoa, que estaría ligada á extrema dereita.

 

Concentración fascismo compostela
SOCIAL

O auxe da extrema dereita, a análise na Coruña esta fin de semana

O Paraninfo da Universidade herculina acolle esta sexta feira e sábado varios coloquios abertos ao público sobre a perda de dereitos e liberdades, con relatores e relatoras que virán de Austria, Reino Unido, Andalucía, Euskadi e Galiza.

txute
Independentista agredido en Ferrol

“Escoitei 'rojo, hijo de puta' e o seguinte que lembro é espertar no hospital”

F.M.R sufriu a pasada quinta feira en Ferrol unha malleira a mans dun grupo de persoas “da extrema dereita”. Falamos con el esta segunda feira, mentres se recupera na casa das fracturas e moratóns dunha brutal agresión que, lembra, non é a primeira deste tipo que se produce na cidade. “Andan envalentonados”, alerta, sobre os fascistas.
 

Parte de urxencias
Co resultado de fracturas e fisuras

Brutal agresión fascista a un independentista galego en Ferrol

A pasada quinta feira, 7 de marzo, F.J.M., militante de Causa Galiza, foi brutalmente agredido en Ferrol por un grupo de fascistas. Sufriu fracturas e fisuras que o levaron ao hospital.

Notas ao vivo: O fascismo relixioso que vén (40)

portugues cruzul
MEMORIA E HISTORIA

O Portugués matachín de Cruzul

Foi un mal besta para os seus e así o lembran. O seu nome mete medo e até o silencio cala para non citalo. Perdéronse a conta das súas vítimas pero foron moitas. Din que era humano pero a xente de ben discúteo, só nos deixou mortos, o fin dun soño, a noite pecha e onde hoxe estamos.

 

Notas ao vivo: Ignorancia e fascismo (32)

Notas ao vivo: Posfascismo (30)

IMG-20181207-WA0003
Agredido por levar unha camisola coa bandeira nacionalista galega

“Eu non paraba de pensar que me ían dar unha malleira que non ía contar”

Pablo B. relata a Sermos Galiza a agresión que sufriu nas rúas de Pontevedra, que Galiza Nova cualifica de ‘fascista’.

Monumento na Cruz de Maceira
SOCIAL

Agresión en Pontevedra a un mozo por levar unha camisola coa bandeira nacionalista galega

Un grupo de persoas rodeárono e déronlle patadas ao berro de "Esto es España", segundo denunciou Galiza Nova.

 

O silencio da voz, entregándose a Vox

Concentración fascismo compostela
SOCIAL

Por volta de 200 persoas concéntranse en Compostela contra a emerxencia de Vox

A praza de Mazarelos acolleu esta terza feira 4 de decembro unha concentración contra o fascismo que reuniu a perto de 200 persoas. A convocatoria vén por parte de estudantado autoorganizado da USC.

Que facer na Coruña coas distincións a alcaldes da ditadura?

O Senado (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O PP evita condenar o franquismo e ao tempo pide ilegalizar fundacións fascistas e comunistas

Ciudadanos tampouco apoiou unha moción de condena do franquismo, e de apoio á exhumación dos restos mortais de Franco, defendida polo PSOE. A iniciativa foi aprobada polo Senado cos votos da esquerda estatal e das forzas nacionalistas e perante a abstención do bloque da dereita (Cs, PP e Foro Asturias).

Canta vergoña máis?