economía circular

Interior da nave da Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaxe Téxtil de Galicia (Insertega) na Coruña (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Na Galiza o téxtil só recicla 1,9% da súa produción

O panorama da reciclaxe e a transformación da roupa usada navega na Galiza pendente das axudas e coa dificultade de traballar o produto inicial. Esta terza feira presentouse en Vigo unha nova edición do Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (Perte) para o sector.