star
Escena
A frustración de Casandra
14/dec./20
O teatro debe falar do que pasa fóra do teatro, comentar as cousas que lle van preocupar ao público antes e despois da función.
“As Irmandades da Fala tentaron ocupar todas as áreas do coñecemento, da arte e da comunicación en galego, e foi así como a lingua entrou no teatro burgués. Un caso moi significativo, pola grande aspiración que supuxo, foi a creación do poema épico O Mariscal”, explicou o dramaturgo Quico Cadaval no relatorio sobre a historia do teatro galego que impartiu nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”que a RAG coorganiza.