DOG

Espazo natural en Porto do Son. (Foto: Turismo Rías Baixas)
SOCIAL

Porto do Son e Moaña convértense nos primeiros concellos coa bandeira verde

Este distintivo, cuxo outorgamento aparece recollido no Diario Oficial da Galiza (DOG) desta quinta feira, implica o bo facer respecto a protección medioambiental.

Sete días, sete meses

Partido do Club Balonmán Atlético Guardés (Club Balonmán Atlético Guardés)
DEPORTES

Guerra de protocolos entre Xunta e CSD

A seguridade no deporte segue a ser fonte de conflitos coa aplicación de diferentes protocolos entre a Xunta da Galiza e os organismos deportivos estatais. A última proposta do Goberno galego de realizar probas a todos os deportistas que veñan de fóra e para os que viaxen aínda non ten resposta do CSD.
Imaxe: Xan Muras
SOCIAL

Xunta elimina a autorización previa para a corta en terreos protexidos

residencia maiores San Lázaro Compostela está xestionada por DomusVi (Foto Arxina).
SOCIAL

A Xunta publica un protocolo de servizos asistenciais en residencias tras intervir dúas privadas

O DOG recolle medidas que xa se estaban a aplicar, como o traslado do persoal. Entre elas, o protocolo tamén ditamina que as necesidades asistenciais dos centros cubriranse, preferentemente, con empregadas públicas adscritas á Consellaría de Política Social.
Farmacia
SOCIAL

A Xunta monitoriza as reservas de fármacos empregados contra a COVID-19

A croloquina e a hidroxicloroquina, empregadas inicialmente para tratar a malaria e actualmente nas doentes contaxiadas por coronavirus, son receitadas a doentes de artrite reumatoide e outras doenzas auto inmunes. As farmacias só poderán repoñelos a medida que as pacientes que sigan un tratamento con estes fármacos os soliciten.
Vista aérea do Hospital Meixoeiro de Vigo (EP).
SOCIAL

O DOG publica a orde que encomenda ás residentes exercer como especialistas

As residentes pasarán a exercer como especialistas da súa área de formación percibindo o sario propio da súa categoría profesional. A medida afecta a 158 residentes de medicina e 31 de enfermaría.
A pesar da alerta por coronavirus, Feixoo convoca oposicións ao corpo de profesorado para o 20 de xuño
SOCIAL

A pesar do contexto de emerxencia sanitaria que impera, a Xunta abre o prazo para as oposicións ao corpo de profesorado

O Diario Oficial da Galiza publicou as bases deste procedemento selectivo, fixado para o vindeiro 20 de xuño, malia a situación de emerxencia sanitaria declarada nesta sexta feira polo propio Goberno galego. 
FEIJOO
Pura coincidencia ou cálculo medido?

O PP tira do DOG para se reforzar na precampaña

Sorprende a insual actividade da Xunta de Galiza nos últimos días. Só na última semana, o Goberno galego puxo en marcha –ou deu luz verde- até 13 actuacións de marcado carácter electoralista, pois moitas delas agardadas desde había meses.