Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Roberto Caeiro, concelleiro e portavoz do PSdeG do municipio pontevedrés de Cuntis, faleceu esta sexta feira, 8 de setembro, segundo confirmou o propio consistorio municipal. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, publicou nas súas redes sociais unha mensaxe no que envía condolencias á familia e a todos os que "tiveron a sorte de tratar a unha persoa tan especial". Pola súa banda, o PP de Cuntis tamén mostrou o seu "máis profundo pesar" e enviou as condolencias aos familiares e amigos. Roberto Caeiro estaba á fronte, tras as pasadas eleccións municipais, do departamento de Turismo, Patrimonio e Medio Ambiente, e da portavocía.
O lobo que apareceu nunha casa abandonada en Cuntis, en avanzado estado de desnutrición, morreu no centro de recuperación de Cerdedo-Cotobade día e medio despois de ser atopado.
A escritora Emma Pedreira e o escritor Héitor Picallo resgatan para Sermos Galiza a historia do pergameo de Fradegunda, que cumpriu 1.120 anos e que tras un periplo polo país foi parar ao Arquivo Histórico Universitario de Compostela.
Cunha conferencia de Alba Nogueira, especialista na lexislación de augas termais, A Plataforma Veciñal na Recuperación do Patrimonio Termal continúa a demandar o uso veciñal para as fontes de auga en espazo público.
Cuntis é vila balnearia e, fóra das instalacións privadas, o concello conta con termas públicas que neste momento vén minguadas os dereitos veciñais. A Asociación O Fervedoiro reclama o acceso aberto ás augas quentes.