Festival Revolta do Umia: programación e horarios

26 ago. 2022
17:00 h
Vilar de Mato
Consulta a programación do festival de Cuntis que terá lugar desde as 17.00 horas
O grupo Liska participa neste festival de Cuntis.
O grupo Liska participa neste festival de Cuntis.

Diversas actividades neste festival como obradoiros, música e xogos populares. A partir das 20.30 horas darán comezo os concertos coa artista Ann Trash que se move por distintos ritmos.

Posteriormente é a quenda para Igloo, de ritmos indie. Terbutalina comezará a súa actuación ás 23.20 horas, coas suas cancións de garaxe punk.

Viva Belgrado cantará ás 00.45 horas, rozando o punk rock. Liska actuarán ás 2.10 horas, con ska en galego.

Fecha o día Dj Ozetak, ás 03.15 horas, que pinchará diversos tipos de música.