Cuntis e Muras rexistran refachos de vento por riba dos 100 quilómetros por hora este sábado

Os municipios de Cuntis (comarca de Caldas) e Muras (Terra Chá) rexistraron refachos por riba dos 100 quilómetros por hora este sábado, cando está en vigor un aviso amarelo nas provincias da Coruña e Pontevedra por fortes ventos do nordeste, de forza 7, segundo a información achegada por Meteogalicia. De madrugada, o vento alcanzou os 104,7 quilómetros por hora en Xesteiras, no municipio de Cuntis. Igualmente de madrugada, no Xistral, municipio de Muras, chegouse a 103,4 quilómetros por hora.
Unha muller tenta evitar que o seu paraugas saia disparado, en Santiago. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Unha muller tenta evitar que o seu paraugas saia disparado. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press / Arquivo)
Comentarios