constitución

Executiva Nacional BNG
POLÍTICA

O BNG visa a constitución dun "movemento social multicor" pola soberanía

Primeira reunión da Executiva Nacional do BNG eleita onte na XIV Asemblea Nacional. 12 caras novas. Un portavoz nacional novo. O BNG, por boca de Xavier Vence, anunciou que lanza un debate social sobre a soberanía.
Asemblea constituínte Anova-Irmandade Nacionalista
Galiza

Militantes críticos impugnan a constitución da Asemblea Local de Anova en Ferrol

Un grupo formado por 13 militantes presentou un escrito de impugnación contra a constitución da Asemblea Local de Anova en Ferrol. Acusan o secretario de Organización, Luis Eyre, de utilizar un censo "non coñecido" por este sector da militancia.
Lectura da mensaxe de Otegi no congreso de Sortu
Euskal Herria

Unha mensaxe de Otegi abre o congreso de constitución de Sortu

Unha mensaxe lida de quen foi proposto polas bases como secretario xeral, Arnaldo Otegi, marca o inicio do congreso constituínte de Sortu. Otegi avoga por construír unha maioría popular “que declarará o Estado Vasco e construirá un modelo social alternativo”.
Olaia Fernández Davila
POLÍTICA

Davila pide unha reforma da Constitución que recoñeza a soberanía das nacións

A portavoz do BNG no Congreso denuncia na súa intervención no debate do Estado que o executivo de Rajoy emprega a crise como excusa para aplicar un programa neoliberal de recortes en dereitos sociais, laborais e do modelo de benestar. Fernández Davila empraza ao executivo español a unha reforma da Constitución na que se recoñeza a soberanía das nacións.
Comparecencia BNG, Amaiur, ERC
POLÍTICA

A Mesa basea o veto á proposición de autodeterminación en que "incide sobre materias reguladas na Constitución"

Tres días demorou a comunicación ao BNG, Amaiur e ERC do acordo adoptado pola Mesa do Congreso co que se inadmite a trámite a proposición de lei soberanista. O escrito, ao que tivo acceso Sermos Galiza, chegou hoxe aos proponentes. A Mesa indica que a iniciativa podería tramitarse se se acollese a un artigo do regulamento que obrigaría a BNG, Amaiur e ERC a teren o apoio de cando menos un outro grupo parlamentar.
POLÍTICA

O dono da Voz chama a "puír" a Constitución para acabar cos "intentos secesionistas" e as "tensións artificiais"

O editor de La Voz de Galicia demanda nun editorial esta sexta feira reformar a Carta Magna para pór fin "aos intentos secesionistas".
Constitución
Galiza

O Consello da Cultura Galega conmemora a Constitución de Cádiz

Cunha edición conmemorativa, o Consello da Cultura Galega súmase ao bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812. O organismo estatutario de promoción da cultura galega e a lingua ven de presentar unha edición facsimilar conmemorativa en papel, á que se pode acceder en formato dixital, con estudos de Roberto Blanco Valdés e Ramón Maiz.
Rubalcaba e Griñán
POLÍTICA

A vaga soberanista leva o PSOE a apostar por unha reforma da Constitución en clave federalista

O PSOE aposta por unha reforma ampla da Constitución que permita evoluir cara a unha España federal. Así se recolle nun documento de traballo elaborado por dirixentes socialistas e catedráticos de dereito e que quer ser "un punto de encontro"· frente ao que o PSOE califica de vagas recentralizadores e soberanistas. Iso si, aclaran que o que queren é "preservar a unidade de España"
Rajoy
INTERNACIONAL

Rajoy enrócase en que a Constitución "non se toca"

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, manifestou no acto oficial de conmemoración da aprobación da Constitución española, que a Carta magna "non se toca" e que está "plenamente vixente". Un afirmación realizada na tradicional recepción no senado na que non tomaron parte @s deputad@s nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya nin @s representantes de IU
Deputad@s diante da mesa
POLÍTICA

Constitución do IX Parlamento galego

INTERNACIONAL

O Banco Central Europeo non exixiu a modificación da Constitución pactada por PSOE e PP

O Valedor do pobo europeo afirma que o BCE non lle pediu ao Estado español que variase a Constitución para limitar a débeda pública, acordada por socialistas e populares en setembro
ECONOMÍA

Fruga demanda á conselleira a constitución dunha Organización de Produtores Lácteos

A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana,recibeu á federación por primeira vez nesta lexislatura