O dono da Voz chama a "puír" a Constitución para acabar cos "intentos secesionistas" e as "tensións artificiais"

O editor de La Voz de Galicia demanda nun editorial esta sexta feira reformar a Carta Magna para pór fin "aos intentos secesionistas".

Santiago Rey publica esta sexta feira un extenso artigo de opinión intitulado Contra a descomposición social. O presidente e editor de La Voz de Galicia toma posición a respecto da realidade política e económica actual amosándose moi crítico coa xestión que dela fixeron os sucesivos gobernos españois e galego. Porén, bate contra os partidos políticos "sean da cor que sexan, náufragos hoxe no mar da corrupción"; contra as centrais sindicais ás que cuestiona por estaren "financiadas con diñeiro público" e mesmo contra a patronal cuxos membros, di, fican "desacreditados" após unha vaga de "escándalos en cadea".

O proprietario da Voz denuncia o "inmobilismo" administrativo fronte a administración pública e demanda a "urxencia" de se pór a réxime do que considera "o comodísimo refuxio da clase política".

As "tensións artificiais" do soberanismo

Santiago Rey demanda unha para el urxente reforma constitucional que poña fin "aos intentos secesionistas". En clara alusión ao avanzo do soberanismo, nomeadamente en Catalunya e Euskadi, o presidente da Voz fai un chamamento ao Executivo español para rachar coas "tensións artificiais" que, di, xorden nas nacións históricas.

Comentarios