A folga en Citroën paraliza a actividade nas liñas de montaxe
Os sindicatos cifran en 80% o seguimento do paro nas quendas, convocado contra a sobrecarga de traballo.
Os sindicatos cifran en 80% o seguimento do paro nas quendas, convocado contra a sobrecarga de traballo.
Convocada por CIG, CCOO, UXT e apoiada pola CUT. Os sindicatos chaman a un paro de dúas horas por cada quenda para todo o persoal.
Representantes da CIG, CCOO e UXT iniciaron esta segunda feira un feche indefinido nas oficinas da dirección da factoría PSA en Vigo. Os sindicatos levan tempo denunciando a sobrecarga de traballo e ritmos na liña de montaxe na planta viguesa sen que desde a dirección se dea unha resposta ou comprometan a estudar solucións. Falamos con Manuel Domínguez, da CIG, unha das persoas que toman parte no feche. “A dirección ten que asumir que o que pasa en Citroën non é broma”
Delegados de CIG, UXT e CCOO iniciaron o fechamento esta segunda feira en protesto polo alto ritmo que se impón aos operarios e operarias na liña de montaxe, nomeadamente no sistema 2.
Polo futuro do sector da automoción e contra a precariedade laboral mobilizouse arredor dun cento de delegadas e delegados sindicais da CIG en Vigo.
A Secretaría das Mulleres da CIG impulsou unha campaña contra as discriminacións por razón de xénero no mundo do traballo. A primeira das mobilizacións será en Citroën.
CIG e CUT convocan sete xornadas de paro en Citroën que se realizarán os sábados de outubro e novembro para denunciar unhas condicións e ritmos de traballo que cualifican como “esgotadores”. Falamos con Manuel Domínguez, da sección sindical da CIG na factoría viguesa.
CIG e CUT convocan sete xornadas de paro, que se realizarán os sábados de outubro e novembro.
As mobilizacións volven á factoría do grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo. Se nos últimos anos os despedimentos, os ERE e as perdas salariais e laborais centraron os focos de loita entre o persoal da planta de Balaídos, hoxe son os ritmos de produción –cada vez maiores– os que motivan este aumento da conflitividade laboral no motor do sector galego da automoción.
A automoción é unha das xoias da economía galega por empregos xerados, por facturación, peso nas exportacións ou influencia no desenvolvemento empresarial. Mais faise necesario poñer os puntos sobre os is: parte desta situación descansa sobre unhas condicións e dereitos laborais precarizados e espremidos até o esgotamento. Os paros, mobilizacións e greves que nestes meses se rexistran na automoción galega apontan que non todo é da cor coa que o Cluster e a Xunta nola presentan. Este mesmo sábado 15 está convocada unha greve en PSA Vigo
O persoal secundou de maneira masiva o chamamento de CIG, CUT e CCOO de non acudir voluntariamente a traballar este sábado. Os sindicatos xa rexistraron unha nova convocatoria de folga para o próximo día 15 de xullo.
CIG, CUT e CCOO critican os “ouvidos xordos” da empresa perante unha situación con graves consecuencias. Arredor de 400 dos 5.500 empregados da factoría viguesa atópanse e baixa, a metade dende hai máis de seis meses. Vídeo no interior
CIG, CUT e CCOO convocaron a mobilización e chaman o cadro de persoal de montaxe da factoría a non acudir ao seu posto coincidindo coa xornada de traballo extraordinaria do vindeiro sábado día 8.
Coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, a CIT e a CGT saíron á rúa na sexta feira para denunciar a precarización do emprego e os recortes de persoal no servizo de limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, que xestiona a empresa Clece.
A dirección tamén propón un ERTE que podería afectar outros 510 traballadores e outro suspensiovo rotatorio.