cartografía

'Retrato al vivo de la Galera del Adelantado Maior de Castilla' (século XVI).
star
Reportaxes

Galiza nas escolas cartográficas flamengas

Como consecuencia dos proxectos coloniais da casa de Austria xorde unha cartografía europea, peninsular e galega na que se especifican moitos detalles a ter presentes, sobre todo no plano da heráldica. Porén, non serán estes todos os mapas ou cartas náuticas nos que mergullemos o noso interese, só tentaremos ofrecer os máis relevantes, curiosos ou, cando menos, os que nos atraen for pola súas calidades ou características. 
CULTURA

Que che parece que bens de valor patrimonial como o mapa de Fontán se vendan na internet?

Detalle referido á Galiza na cartografía. (Foto: Nós Diario).
star
Mapas

O mapa de Paulo Orosio do século V

A de Orosio é a máis importante cartografía elaborada por un galego e está considerado como o mapa de referencia para as centurias inciais da Idade Media
Imaxe de conxunto do mapa. (Foto: Nós Diario).
star
Mapas

Galiza nun mapa islandés de 1250

A cartografía coñeceu ao longo de toda a Idade Media un importante desenvolvemento na área escandinava, asociada ás importantes empresas marítimas desenvolvidas por eses pobos. Porén, a diferenza doutras grandes potencias do momento, como os reinos da península Itálica, ou o reino de Catalunya, son escasas as mostras que nos chegaron desa rica tradición.
Detalle do mapa onde aparece a Galiza.(Foto: Nós Diario).
star
Mapas

Galiza nun mapa da baixa Idade Antiga

É a cartografía de referencia para o estudo da baixa Idade Antiga.
Detalle da Galiza.(Foto: Nós Diario).
star
Mapas

O Reino da Galiza no Beato de Turín do século XII

As orixes do Beato de Turín son obxecto dunha viva polémica no ámbito cartográfico. Malia que unha pequena parte da disciplina defende a súa elaboración na península itálica, a gran maioría dos autores apostan na súa creación polos monxes do Mosteiro de Ripoll a comezos do século XII. 
Beato da Seu de Urgell. (Foto: Nós Diario).
star
Mapas

O reino da Galiza nun mapamundi do século X

O mapamundi da Seu de Urgell é unha das 90 ilustracións que fai parte dunha versión dos comentarios do Apocalipse de San Isidoro, elaborados polo abade de Santo Toribio de Liebana  no século VIII e conservada na catedral desa cidade catalá.
A Galiza no mapa de Cotton. (Foto: Nós Diario).
star
Mapas

A Galiza nun mapa normando do século X

O coñecido como mapa de Cotton ou anglo normando é unha cartografía datada entre 950 e 1050, recollida nun manuscrito elaborado por Robert Cotton en 1598 e actualmente depositada na Biblioteca Británica.
Membros do Instituto de Estudos Ulloáns no centro xeográfico da Galiza.
En Antas do Ulla

O verdadeiro centro da Galiza está na aldea de Nugallás

Un informe elaborado con criterios científicos de medición xeográfica resolve que o punto cartográfico exacto do centro da Galiza está na parroquia de San Fiz de Amarante, en Antas do Ulla. Un experto do Instituto Xeográfico Nacional atopou esta localización grazas á petición do Instituto de Estudos Ulloáns.
[Foto: Galiza Emocional] Paseo Emocional Barrio de San Pedro
Tecendo espazos

Facer dos territorios experiencias compartidas

Invocando o pai da xeometría, Que tal, Mileto? apela a un encontro de creadoras promovido por Galiza Emocional, que terá lugar na escola Unitaria de Santiago de Compostela, o sábado 19 de outubro. Creatividade, tecnoloxía e participación como tres dimensións que interactúan, e servirá ás promotores de diversos proxectos para partillar experiencias.

Época: 1047. Autoría: Facundo. É a expresión do proxecto político da raíña Sancha e do rei Fernando.
Mapas do reino

Galiza no mapa da raíña Sancha e do rei Fernando

Estamos diante dunha cartografía que é fiel reflexo do proxecto político do rei Fernando e da raíña Sancha, onde Galiza ocupa un papel reitor e hexemónico no ámbito do espazo cristián peninsular. Elaborado por volta de 1047 e coñecido como o mapa da raíña Sancha e do rei Fernando, fai parte da escola dos beatos e foi elaborado con toda probabilidade nalgún mosteiro da área galega.

foto_FS_Mapa
Galiza no mapa

Galiza nun mapa británico do século XII

É outra expresión da dimensión internacional do Reino de Galiza, mesmo nun tempo político onde xa se iniciara o proceso de incorporación subordinada do país a Castela. Elaborado na segunda metade do século XIII na cidade británica de Hereford por Richard Haldingham e Richard Bello, signifícase pola súa gran precisión en relación con outras cartografías contemporáneas. Eis un extracto da peza publicada ao respeito no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

Sen título
Galiza no mapa

O Beato Morgan e a Galiza do século X

A obra dos monxes de Tábara, da que se descoñece a data exacta –foi realizada entre o ano 922 e o 958– non recolle ningunha referencia a León ou Castela e evidencia que Gallecia e Spania servían para denominar realidades diferentes. De feito, non hai alusión ningunha a Spania nesta cartografía.

4
Galiza no mapa

O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer

Máis unha entrega de “Galiza no mapa”. A cartografía de Lambert de Saint Omer, en que Galiza ocupa un lugar destacado, estabelece a diferenciación clásica para o espazo ibérico, reservando “Galicia” para a área cristiá e utilizando “Hispania” para a zona musulmá, sinalando ao tempo “Lusitania” e “Tarracona”. Eis un extracto da peza, publicada no Sermos Galiza 296.

recortado
Sermos280

Sermos publica os mapas do Reino de Galiza

O semanario Sermos Galiza publicará nos próximos meses varias entregas de mapas do país do período medieval. A cartografía dun tempo tan pouco coñecido como revelador da existencia do Reino de Galiza. A serie comezou neste Sermos280, disponíbel na rúa desde a pasada quinta feira.