Remolcado un veleiro con dous tripulantes tras unha interacción con candorcas a 6,5 millas do Roncudo
Resultou ferida grave nunha man unha das persoas que ían no barco, polo que foi evacuada.
Resultou ferida grave nunha man unha das persoas que ían no barco, polo que foi evacuada.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, vinculou a presenza de candorcas na costa galega coa procura de alimentos, tras a identificación doutros dous exemplares na ría de Arousa. Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, con motivo da inauguración dunha exposición na Autoridade Portuaria da Coruña. Por outra parte, en materia de seguridade, lembrou que a Xunta puxo en marcha unha app para que os navegantes poidan comprobar "por onde se están movendo as candorcas e facilitar que poidan variar o rumbo". "Tamén os navegantes poden informar da súa localización", dixo en relación ás candorcas o conselleiro.
O Grupo de investigación internacional Orca Atlántica-GTOA identificou os dous exemplares de candorcas que entraron na Ría de Arousa
As candorcas tiveron o primeiro incidente cun veleiro en augas da Galiza este verán, despois de protagonizar decenas de interaccións no período estival de 2022. A aplicación Orcinus, impulsada pola Xunta da Galiza e o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove (O Salnés) recolle que a pasada cuarta feira, 5 de xullo, produciuse un incidente do veleiro de oito pés Delfina con tres candorcas ao noroeste da illa de Sálvora (Pontevedra). Precisamente, durante a pasada cuarta feira houbo outras dúas obsrevacións máis de candorcas máis ao sur nas rías Baixas. No que ía de verán tan só se produciran estas observacións ao sur de Lisboa, sen constancia aínda en augas galegas.
O 'Swiss Lady', procedente de Ribadeo, emitiu unha alerta cando navegaba ao nor-noroeste da Torre de Hércules, no que é o terceiro incidente desta semana.