Vía Galega conmemora os 103 anos da Asemblea Nacionalista de Lugo
María Pilar García Negro e Cosme Pombo intervirá nun acto público en Lugo o 20 de novembro ás 11.30 horas na rúa Raíña para conmemorar os 103 anos da Asemblea Nacionalista.
María Pilar García Negro e Cosme Pombo intervirá nun acto público en Lugo o 20 de novembro ás 11.30 horas na rúa Raíña para conmemorar os 103 anos da Asemblea Nacionalista.
Cen anos despois, a Asemblea Nacionalista de Lugo que decorreu entre o 17 e o 18 de novembro, ponse de actualidade. Con motivo do centenario, consultamos a estudosas e estudosos que implicacións tivo na Galiza de 1918 e anos posteriores e como é posíbel manter o legado que as persoas participantes do encontro deixaron plasmado no Manifesto de Lugo.
Reivindicar a vixencia e a necesidade do nacionalismo. Con este obxectivo o BNG conmemorou na mañá do sábado en Lugo o centenario da primeira Asemblea Nacionalista.
A plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega celebra os 100 anos da Asemblea Nacionalista de Lugo cun programa de actos que terán lugar este domingo na cidade da muralla.
Fanse exactamente 100 anos da Asemblea de Lugo, que significa o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito. A liña política definida polas afiliadas e afiliados das Irmandades da Fala representa un salto cualitativo nas reivindicacións nacionais de Galiza. Ao fin, non se trata dunha mudanza simplemente terminolóxica, senón do abrente dunha nova etapa na loita pola liberación nacional do país.
Entre outros actos, procederase á lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’.